Nota prensa
Particiou en Vegadeo nun foro sobre Comunicación e Escola canda o presidente do Senado e a presidenta da Xunta Xeral do Principado de Asturias
Balseiro Orol reivindica o protagonismo do Parlamento “agora e con máis esforzo ca nunca” para canalizar os problemas e inquedanzas sociais
· Define a política como “servizo ao ben común, imprescindible para mellorar a vida das persoas”
Santiago, 24 de marzo de 2011.- O secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, afirmou que os diferentes parlamentos “agora, e con máis esforzo ca nunca, temos que canalizar os problemas e inquedanzas dos cidadáns”.
Balseiro Orol efectuou estas reflexións este mediodía en Vegadeo (Asturias) onde particiopou no III Foro Comunicación y Escuela, organizado polo Instituto de Educación Secundaria “Elisa y Luis Villamil” desa localidade. Neste acto tamén interviron o presidente do Senado, Javier Rojo, e a presidenta da Xunta Xeral do Principado de Asturias, Mª Jesús Álvarez.
Ante un grupo de alumnos de 3º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato que conformaban o auditorio, o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia reivindicou “o papel da política, que atopa a súa máxima expresión no Parlamento, como servizo ao ben común, como actividade imprescindible para mellorar a vida das persoas”.
O representante do Parlamento de Galicia tamén insistiu na necesidade de que desde as diferentes cámaras lexislativas se promovan e faciliten “vías de conexión cos cidadáns, buscando sempre unha comunicación fluída”.
Nesta liña, Balseiro explicou que para conmemorar o 30 aniversario da súa creación, o Parlamento de Galicia se dispón a organizar actividades encamiñadas a visibilizar a actividade da institución.
Autogoberno e competencias
“A evolución do Parlamento neste anos é a evolución do autogoberno galego e do afianzamento competencial. Para celebralo, e sen perder nunca de vista o escenario de austeridade no que nos movemos, estamos ultimando unha serie de actividades conmemorativas que nos permitirán chamar a atención dos cidadáns sobre esta efeméride”, aseverou o orador.
Na mesma liña, indicou que a Presidencia da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA) que acaba de asumir Galicia “será aproveitada para reivindicar o papel da política como instrumento para a resolución dos conflitos e das diferenzas”
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



