Estes equinodermos, de presencia pouco atractiva e engorrosa manipulación, coma de exquisito sabor, o que os fai infravalorados por uns e moi apetecidos por outros, pois son considerados, xunto ás ostras, as ameixas e algunhas algas, un dos alimentos mariños que mellor poden disfrutarse sen elaboración previa, nen aliñamento, que desvirtúe o seu sabor, van a ser pródigamente consumidos esta fin de semana en dúas vilas da bisbarra.
Os ourizos viven con preferencia en fondos cheos de farallóns e o seu alimento fundamental son as algas, o que proporciona sabor a mar; e así, Julio Camba, no seu famoso libro “ La casa de Lúculo o el arte de comer”, dí que “o ourizo é un extracto de mar, un hálito de borrasca, unha esencia de tempestades”.
O que comemos neles son as glándulas xenitais, de color amarelo alaranxado e mais finas e branqueciñas nos machos. Son un tanto incómodos de preparar para o consumo, que adoita ser simpremente cocido; sen embargo ofrece outras posibilidades culinarias ás que cada día acceden mais persoas que senten curiosidade por unha cociña imaxinativa e que atopan neles a oportunidade de novas experiencias, con resultados moi satisfactorios, Así, por exemplo, a tortilla de ovarios de ourizo, en Chile, é considerada un espléndido manxar.
Como permite a conxelación, en calquera época pode facerse revoltos, que con gambas ofrecen un singular sabor, pudin, etc., servindo de base para salsas que nalgúns casos, como acompañando ó rape, forman un prato exquisito; e un paté de ourizo traslada ó pan todo o sabor do mar…
Arraigado en cociñas costeiras, como a catalana, o ourizo apenas se come no resto da peníunsula. Pero esta situación pode cambear, xa que algunhas empresas o comercializan envasado e se popularizan pratos como os canapés, ou tostadas con xemas de ourizos, gratinados á cava, ou a crema de ourizos.
No noso contorno o “oricio”, como eles chaman, ten especial aceptación entre os asturianos e acompaña moi ben ós “culines” de sidra, esa gran bebida natural, fresca, diurética, compañeira inseparable de ampla pitanza nas gozosas “espichas”.
Según os biólogos, o ourizo é unha especie delicada. Cada exemprar tarda cinco anos en conseguir talla comercial; é decir, facerse adulto e desovar ó menos unha vez.
Ademais, para que un banco se manteña, é preciso que queden nel a metade dos exemprares; débese a que as crías só conseguen adherirse á rocha que previamente limparon os adultos: a renovación da colonia esixe un equlibrio moi fráxil.
Estas circunstancias fan que, para a recuperación dun banco esquilmado, sexan necesarios ó menos dez anos e, para melloralo e amplialo, outros cinco. O ourizo de mar é un manxar singular, exquisito, de sabor non equiparable, que é merecente dos cuidados e atencións precisas para a súa pervivencia: é un luxo a conservar.
Suso Fernández

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



