NOTA DE PRENSA
DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA EN XOVE
A homenaxe que se ven celebrando no Concello con motivo do Día Internacional da Muller traballadora terá lugar este ano o domingo 13 de marzo ás 17:30 no Salón de Actos do Centro Cívico, e realizarase, coma os outros anos, unha chocolatada (que será a cuarta) para todas as mulleres do municipio. Este ano, o acto está adicado as Emigrantes Retornadas do concello de Xove. Dende a Delegación Municipal da Muller e o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove invítase a participar a todas aquelas mulleres que queiran aproximarse o domingo a esta pequena reunión.
Debido ao grande número de emigrantes retornadas que atopamos no municipio, decidimos que, aínda que este día é para todas elas, as homenaxeadas sexan as máis lonxevas. Así, renderase homenaxe as veciñas:
Dna. Nélida Fernández Quelle, que marchou no ano 1957 cara Arxentina cando contaba só con 23 anos de idade. Fixo a viaxe na compaña da súa irmá, e unha vez en Bos Aires gañouse a vida traballando como parte do servizo de casas da alta sociedade porteña, e tamén no taller do costura do Hospital Británico. Voltou a Xove no ano 1987.
Dna. Mª Isabel Dosinda Rey Álvarez, que partiu cara Suiza no ano 1962, cando tiña 29 anos, na compaña do seu marido. Con formación en peritaxe mercantil, pronto pasou de traballar na planta dunha empresa de lavandería ás súas oficinas, onde desempeñou o seu posto con éxito durante sete anos, ata que atopou outro traballo máis preto do seu domicilio nunha empresa de material de oficina. Voltou a Xove no ano 1977, trala morte da súa nai.
Dna. Antonia Rey Casariego, que se foi no ano 1967 cara Liberia, no continente africano, acompañando ao seu marido. Ela nun principio ocupouse das tarefas domésticas, pero pronto voltou a exercer o seu oficio de costureira, a través da confección e o arranxo de roupa para clientes particulares. Voltou a Xove no ano 1975, principalmente para que os seus fillos recibisen unha educación de mellor calidade.
Elas son tan só unha mostra do carácter emprendedor das mulleres do municipio. Dende o Concello de Xove queremos renderlles a nosa admiración e afecto a todas elas.






















Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



