Nota de prensa
A Deputación debe 25.000 euros en cotas á Seguridade Social
* Unha resolución da Inspección de Traballo así o dictamina, tras darlle á razón a un grupo de traballadores de Suplusa que denunciaron porque están a cobrar un salario inferior ó que lle correspondía en función da súa categoría profesional
Lugo, a 8 de marzo de 2011.- A Inspección de Traballo da Seguridade Social deulle a razón a un grupo de traballadores de Suplusa que denunciaron á Deputación por incumplir as súas obrigacións laborais, dado que lles estaba a abonar un salario inferior ó que lle correspondía en función da súa categoría profesional, e da que se fixo eco a medidados do pasado mes de xaneiro o Grupo provincial do Partido Popular.
A resolución da Dirección provincial da Tesorería da Seguridade Social de Lugo dictaminou, nunha sentencia firme con data de 15 de febreiro, que Suplusa debe pagar 25.536,23 euros en conceptos de cotas á Seguridade social non aboadas.
Os traballadores afectados teñen contrato de xardineiros pero estaban a ser retribuidos como auxiliares de xardinería, o que lles representaba unha perda de 649’95 euros ó ano e que conlevaba ademais unha diferencia nas súas bases de cotización á Seguridade Social de 54’16 euros menos.
A Inspección de Traballo recibiu a correspondente denuncia a finais de xuño do pasado ano, requerindo á empresa para que presentase a documentación correspondente. Suplusa fixo entrega da mesma o 13 de xullo, comprobándose que efectivamente as bases de cotización declaradas pola empresa eran inferiores ós salarios establecidos na norma convencional para os traballadores con categoría de xardineiros. No mes de setembro, a Inspección de Traballo continuou coas actuacións pertinentes, pero a día de hoxe os traballadores afectados aínda non lles foi regularizado o seu salario. Haberá que agardar ata finais de xullo para coñecer a resolución dos tribunais a este respecto.
Para os populares o incumprimento por parte da Deputación das súas obrigacións para cos seus traballadores e coa propia Seguridade Social é motivo de censura posto que denota o pouco interese que amosa pola situación laboral do seu propio personal. Constitúe ademais un pésimo exemplo e máis nun contexto de crise de alta taxa de desemprego como o actual.




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



