Nota de prensa
A BIBLIOTECA PROVINCIAL CONVOCA UN CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL CON MOTIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O concurso, dirixido a usuarios das bibliotecas da provincia de ata 16 anos, estrutúrase en tres categorías segundo grupos de idade
Lugo, 16 de abril de 2011.- A Biblioteca Provincial de Lugo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, ven de convocar o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras galegas 2011, nas súas fases local e provincial. Na fase local poden participar socios da Biblioteca Provincial, con narracións en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, ou debuxos feitos sobre cartolina de tamaño aproximado Din A4, sobre o tema É mentira. Establécense tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11, e C, de 12 a 16.
Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un cunha folla cos seus datos persoais, debendo entregalos antes do próximo 9 de maio na Biblioteca Provincial.
Un xurado formado por entendidos na materia seleccionará un máximo de tres traballos por modalidade e categoría, recibindo os autores seleccionados cadanseu diploma e libros, e participando estes traballos na fase provincial do certame. O fallo do Xurado local farase público antes do Día das Letras Galegas.
Na fase provincial do certame, tamén convocado pola Biblioteca Provincial, poderán participar todos os traballos seleccionados nas respectivas fases locais.
Os traballos das bibliotecas municipais deberán ser remitidos á Biblioteca Provincial antes do próximo 27 de maio.
O xurado seleccionará os tres mellores traballos por cada modalidade e categoría, e os seus autores recibirán cadansúa estatuíña de Sargadelos, diploma e lote de libros. O fallo do xurado farase público no decurso da primeira quincena de xuño.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



