Nota de prensa
A XUNTA ADXUDICARÁ EN RÉXIME DE ALUGUEIRO PARA MENORES DE 35 ANOS AS 58 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA REHABILITADAS EN SEIS CONCELLOS DA PROVINCIA DE LUGO
O proceso de selección de adxudicatarios iniciarase na próxima reunión da Comisión Provincia de Vivenda
Adxudicaranse vivendas nos concellos de Lugo, Chantada, Lourenzá, Monforte de Lemos, Ribadeo e Viveiro.
Lugo, 15 de abril de 2011.- Un total de 58 vivendas de promoción pública procedentes da rehabilitación de vivendas existentes en seis concellos da provincia de Lugo serán destinadas ao alugueiro por menores de 35 anos, segundo propuxo a Comisión Provincial de Vivenda de Lugo na reunión celebrada esta mañá.
A proposta, trasladada hoxe mesmo á Delegación Territorial da Xunta e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, detalla as ubicacións nas que se sitúan as distintas vivendas:
Lugo. Trinta vivendas nas rúas Tinería, Recanto do Miño, Falcón e Travesía do Miño, todas elas no barrio da Tinería.
Chantada. Oito vivendas na rúa Daniel Vázquez Boo.
Lourenzá. Catro vivendas nas rúas Rego Vilazo e Avelino Montero Villegas.
Monforte de Lemos. Oito vivendas na rúa Armando Cotarelo.
Ribadeo. Dúas vivendas na rúa Antonio Otero.
Viveiro. Seis vivendas na rúa Melitón Cortiñas.
Tal como establece a normativa vixente, unha vez sexa aprobada a proposta pola dirección xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Comisión Provincial de Vivenda iniciará na súa próxima reunión (prevista para a última semana de abril) o procedemento para o sorteo das vivendas entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes en cada localidade no momento do inicio do procedemento e que cumpran os requisitos establecidos.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



