Nota de prensa
ACIA FOZ ENTREGARÁ OS DIPLOMAS E OBSEQUIOS AOS GAÑADORES DA VIII RUTA DE TAPAS NUNHA CEA QUE SE CELEBRARÁ PROXIMAMENTE NA VILA. EL RINCÓN DE ANITA, O CHÍCARO E O LAR FORON OS PREMIADOS.
Foz, 26 de abril de 2011. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz fará entrega dos diplomas e obsequios aos gañadores da VIII Ruta de Tapas no transcurso dunha cea que se celebrará próximamente na vila, segundo daba a coñecer esta mañá o presidente, José Carlos Paleo.
As tapas gañadoras da oitava ruta que se desenvolvía os pasados 22 e 23 de abril en Foz foron:
-PRIMEIRO PREMIO: Casa Rural El Rincón de Anita coa tapa Sabor de mar.
-SEGUNDO PREMIO: Bar o Chícaro con O Campudo.
-TERCEIRO PREMIO: Restaurante-Bar O Lar con Charlota de lombarda de pollo y champiñones.
Paleo agradeceu a todos os establecementos a súa participación nesta consolidada cita gastronómica e a todos os veciños e visitantes que se achegaron a disfrutar dos mellores sabores da cociña en miniatura.