Nota de prensa:
O BNG DEMANDA UNHA SOLUCIÓN PARA O INDIXENTE QUE LEVA MESES VIVINDO NA ÁREA RECREATIVA DE CELEIRO DE MARIÑAOS. OS NACIONALISTAS PIDEN A INTERVENCIÓN DO CONCELLO E DA XUNTA PARA BUSCARLLE UNHA SAÍDA A UNHA PERSOA, QUE ADEMÁIS SOFRE PROBLEMAS DE SAÚDE MENTAL.
Barreiros, 1 de abril de 2011. O BNG demanda unha solución para o indixente que leva meses vivido na área recreativa de Celeiro de Mariñaos. O portavoz dos nacionalistas, Antonio Veiga, pide a intervención do Concello e da Xunta para buscarlle unha saída a unha persoa, que ademáis sofre problemas de saúde mental.
Veiga Outeiro explicou que “esta moción que levamos a pleno desde o grupo municipal do BNG é diante dunha situación que preocupa aos veciños de Barreiros e concretamente aos da parroquia de Celeiro de Mariñaos. Estamos diante dun caso de exclusión social no que se atopa unha persoa indixente, que deambula polo concello de Barreiros e alí onde vai provoca moitas veces desperfectos nas instalacións nas que tenta albergarse, tal e como ocorreu na estación de Feve en San Cosme, nas escolas de Celeiro de Mariñaos e agora ocupa á área recreativa da Fonte do Barreiro tamén en Celeiro”. Os nacionalistas din que “esa área durante a primavera e o verán se utiliza moitísimo pola cantidade de coches que paran alí camiño da costa. Esta persoa, que presumiblemente non goza de boa saúde mental, provoca situacións violentas e conflictivas incluso coas persoas que paran a disfrutar desa bonita área recreativa que hai alí”.
O portavoz do BNG en Barreiros sinalou que “todo iso facémolo co máximo respecto a esa persoa e co máximo cariño hacia unha persoa que precisa de asistencia social e é aí onde queremos incidir e onde está a responsabilidade do Concello”. Antonio Veiga lembrou que “hai casi dous meses propuxemos como rogo do Concello que por parte de Asuntos Sociais se actúe para buscarlle unha solución a esta persoa. Hai recursos legais para buscarlle unha saída a esta persoa, que ten problemas de saúde mental e en calquera momento pode ocorrer unha desgracia desafortunadamente”.
Os nacionalistas popoñen con esta moción que “a Concellalía de Asuntos Sociais adopte as medidas oportunas para solucionar este problema humano, hai recursos administrativos e legais para facelo. O que non pode facer o Concello, que foi o que veu facendo ata o de agora, é tratalo coma un animal botándoo dun lado para outro cando protestan os veciños. Esta persoas merece os nosos respectos e tanto o Concello coma a Xunta teñen cas competencias suficientes para solucionar este problema de emerxencia e de exclusión social que existe en Barreiros”.
Para Antonio Veiga “é triste ter que insistir despois de 2 meses sen facer nada, máis que ilo cambiando de sitio. Este indixente tamén estivo no albergue de Gondán e esta situación tiña que terse solucionado antes. Os veciños de Celeiro de Mariñaos están preocupados e hai quen fala de plantexar este caso diante da xustiza ordinaria si o Concello non actúa”. O portavoz do BNG engadiu que “cando se celebre o vindeiro pleno ordinario, que xa tiña que terse celebrado o pasado luns e non sabemos o motivo polo que se aprazou, o debatiremos e ten que ser unánimemente aprobada esta proposta e o Concello se terá que poñer a buscar unha solución para este caso”.























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



