Nota de prensa:
O BNG FIXO PÚBLICA A CANDIDATURA COA QUE CONCURRIRÁ ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 22 DE MAIO. A LISTA ENCABEZADA POR ANTONIO VEIGA CONTA CON CINCO NOVAS INCORPORACIÓNS.
Barreiros, 15 de abril de 2011. A licenciada en dereito Ana Ermida Igrexas, veciña de Santiago de Reinante ocupará o posto nº 2 na lista que encabeza Antonio Veiga, actual portavoz municipal no Concello e tamén portavoz do grupo provincial do BNG na Deputación, onde é responsable da Área de Cultura e Deporte.
No número 3 figura o actual concelleiro Suso Díaz Blanco, licenciado en Económicas e veciño de San Miguel. É un recoñecido activista no asociacionismo cultural de deportivo no concello.
Incorpóranse á lista do BNG no posto nº 4 a mestra no colexio de San Miguel Teresa Barcia Villalba e no nº 6 a enfermeira do Hospital da Costa e veciña de San Cosme Montserrat Porteiro Sánchez. Tamén é de San Cosme Xavier Paredes Janeiro, que é unha das novas incorporacións xunto con Lara Barcia Novás, profesora de educación física e veciña de Gondán (Cabarcos) e Camilo Friol Piñeiroa, xornalista e veciño de Celeiro de Mariñaos, completan as novas incorporacións na lista do BNG de Barreiros.
CANDIDATURA
1-Antonio Veiga Outeiro
2-Ana Ermida Igrexas
3-Xesús Díaz Blanco
4-Teresa Barcia Villaba
5-Silvestre Palacios Arceo
6-Montserrat Porteiro Sánchez
7-Xavier Paredes Janeiro
8-Lara Barcia Novás
9-Xoan Manuel Díaz Branco
10-Aurora Moreira Bermúdez
11-Camilo Friol Piñeiroa
1º suplente-Belén Fernández Soto
2º suplente-Xosé Xavier López López
3º suplente-Covadonga Quintana Val.
A presentación diante dos veciños e veciñas de Barreiros será o venres 29 de abril ás 21 horas nun acto público e aberto no salón de actos do novo centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O BNG afirma que “Barreiros precisa un goberno que estea exclusivamente ao servizo dos barreirenses, que priorice o benestar social, especialmente a atención aos nosos maiores, que se implique na potenciación dos nosos principais recussos: o noso agro, a nsoa gandeiría, a nosa ría, as nosas praias… na creación de emprego, adoptando medidas que propicien o desenvolvemento económico de Barreiros, con sensatez e planificando o noso territorio para sentar as bases do concello que queremos: de todos e para todos”. Os nacionalistas engaden que “o compromiso do BNG foi e é única e exclusivamente con Barreiros. O BNG seguirá firme na defensa dos intereses xerais de todos os veciños. O futuro de Barreiros teñen que decidilo os barreirenses, non os que teñen intereses alleos a Barreiros. O BNG é a alternativa”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



