<< Saneamento de San Ciprián >>
Unha mostra do mal que xestionan as cousas os socialistas alí onde teñen responsabilidade de goberno é o acontecido coa nova rede de saneamento integral de San Ciprián. Anos despois de iniciadas as obras dispoñemos de toda unha rede de modernas tubaxes, un tanque de tormentas -situado no parque Raiña Sofia- que evitará asolagamentos polo colapso da rede de pluviais da vila e unha nova estación depuradora de augas residuais situada no polígono empresarial de Cuíña. Con todo as obras tan só son unha primeira fase, polo que non poden entrar en servizo, como consecuencia do recorte orzamentario decidido polo bipartito.
Esta obra -da que ninguén dubida da súa utilidade- foi proxectada, promovida e redactado o seu proxecto construtivo orixinario pola Xunta en tempos da presidencia de Manuel Fraga. A anterior administración popular aprobou e adxudicou en 2005 a obra cun orzamento de 6,3 millóns euros, pero nada máis chegar socialistas e nacionalistas á Xunta –durante a época do bipartito- decidiron paralizar o contrato sen razón algunha, incluso a pesar de ter que indemnizar á empresa adxudicataria, e aprobar un novo proxecto que veu recortado o seu presuposto a 4,5 millóns de euros, reducción que operou en contra dos intereses dos veciños e veciñas de San Ciprián.
Con 1,8 millóns de euros menos de investimento para acometer o novo saneamento non foi posible rematar toda a rede necesaria. Os socialistas pretendían expulsar o residuo depurado na EDAR directamente ao mar, nas inmediacións da zona de captación de auga da piscifactoría instalada no polígono de Cuíña. Isto facía perigar a viabilidade futura desta empresa, que precisa dunha calidade de auga excepcional para os seus tanques, así como tamén facía perigar os postos de traballo a ela aparellada.
Está claro que nada teñen aportado desde as administracións socialistas para facer realidade a posta en servizo desta obra. Todo o contrario. O recorte do Goberno bipartito significou tanto como comezar a obra polo tellado, e non polos seus cimentos. Debemos esixirlle que acaben aquelo que deixaron a medias polo simple feito de aforrarse uns cartos. Aqueles que recortaron o orzamento deberan asumir agora o custe de construír un emisario submarino para cambiar o punto de vertido. Se non o fan estarán novamente pechando as portas aos veciños de Cervo, aplicando o boicot e a discriminación da que xa fixeron gala desde o Goberno bipartito.
O novo saneamento de San Ciprián sempre constituíu unha das promesas firmes do Goberno municipal e, ao igual que no resto do concello, onde se vén traballando na creación dunha nova rede (Cervo, Cuiña, Sargadelos, A Senra,….) simboliza un compromiso firme polo impulso e universalización destas infraestruturas básicas, polo respecto medioambiental e por facer realidade, avanzar, naquelo que os veciños de Cervo queren e necesitan e outros lles negaron.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



