Nota de prensa:
Os nacionalistas afirman que é tempo de solucións non de descualificacións
Basanta chama a optar entre “máis do mesmo” ou o BNG
Foz a 16 de abril de 2011.- O Bloque Nacionalista Galego presentou na xornada de onte nun abarrotado Restaurante Xoíña de Foz a súa candidatura para os vindeiros comicios do 22 de Maio no que fixeron uso da palabra Balbino Fernández López, número da lista do BNG, o parlamentario Fernando Blanco e o candidato nacionalista Xoán Carlos González Basanta.
Balbino Fernández que abriu o acto, presentou a candidatura nacionalista “como unha equipa de traballo, solvente e eficaz, para facer posíbel o cambio desde a esquerda. Temos equipa, pero tamén temos as propostas, que non son outras que as que viñemos defendendo nestes últimos catro anos, isto é a dun Goberno cuxa xestión se oriente a creación de emprego e ao desenvolvemento económico e a mellora e extensión dos servicios públicos. E sobre todo temos a vontade, como espello do acontecido en Foz nestes catro anos, onde só a representación do BNG se mantivo fiel ao que no seu momento recollemos no noso programa e defendemos na campaña electoral. Non hai ningún resultado certo, nin nos últimos tempos houbo en Foz unhas eleccións tan abertas, polo que o cambio só está nas mans do traballo e do esforzo dos homes e das mulleres do BNG”.
Xoán Carlos G. Basanta, pola súa banda afirmou, que “a nosa vai ser unha campaña fundamentada na proposta e nas alternativas. Non nos parece de recibo que se pretenda levar a corporación os problemas persoais que poidan ter entre si os diferentes candidatos, posto que a corporación debe estar para poñer solucións aos problemas dos veciños e non para trasladarlle a estes os problemas da Corporación. É lamentábel que se pretenda agochar a falta de programa ou a ausencia de diferencias reais entre aqueles que estiveron gobernando xuntos nos últimos 16 anos ou apoiándose naquelas cuestións realmente importantes, acudindo ao insulto e a descualificación. Isto é que non conten con nos para un partido que pretenden xogar nun campo embarrado”.
O cabeza de lista dos nacionalistas que se referiu aos populares como “o socio de Rivera nos últimos catro anos” afirmou que “na lista do PP non hai nada novo, agás a cara dos candidatos, pero que o seu programa é o mesmo de sempre, o programa do castigo e da marxinación a Foz e aos seus veciños e tamén son os mesmos de sempre os seus dirixentes. No PP de hoxe seguen a mandar os mesmos que deixaron a Foz sen urxencias, que onte lle negaron a residencia e que agora queren fechar o Asilo”. Asemade advertiu que “ non se deixen enganar os veciños de Foz por aqueles que andan pedindo votos coa man esquerda para logo entregarllos a dereita”.
Xa por último Basanta mostrou o seu convencemento de que calquera goberno que se conforme en Foz após do 22 de Maio pasa polo BNG a par que indicou que “é necesario un cambio político, porque o Goberno actual está esgotado, non dá máis de si e á marxe da herdanza nefasta que nos deixa a todos os focegos, a súa práctica incapacitao para poñer en riba da mesa algunha solución aos problemas dos veciños do Concello. Non é de recibo que se presente como alternativa a Rivera quen foi o seu leal compañeiro nestes últimos 16 anos. En definitiva en Foz toca apostar por máis do mesmo ou polo BNG”.
Xo






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



