Nota de prensa
O noso xeito de traballar por Ribadeo
MEDIO AMBIENTE
Mellora da xestión de residuos:
Limpeza periódica de contenedores e eliminación progresiva dos mesmos das rúas
Tratamento dos residuos da actividade agrícola: puríns, plásticos e rodas.
Control do tratamento selectivo. Recollida e reciclado de enseres
Presencia activa na Reserva da Biosfera Eo-Oscos-Terra de Burón:
Creación dun Centro de Interpretación
Aposta decidida pola Axenda 21 local
Xestión ambiental responsable do uso público da Praia das Catedrais e do seu entorno:
Peonalización temporal dos accesos
Iluminación
Creación de plazas de aparcamento fora da zona de protección
Instalación de paneis informativos e mesas interpretativas
Dinamización da Casa da Ría en Santa Cruz
Realización de Plans de Educación e Sensibilización Medioambiental
Incorporación á Red Española de Ciudades por el Clima
URBANISMO
Plan de Desenvolvemento Urbano Sostible:
Creación de carrís-bici
Creación de novas zonas verdes
Plan de mobilidade sostible
Mellora da eficiencia no uso enerxético
Remate e aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
Elaboración e aprobación do PEPRI
Continuación dos convenios da Área de Rehabilitación Integral (ARI)
Plan de vixiancia e control urbanístico
Humanización de rúas e espazos públicos
INFRAESTRUCTURAS
Construción de Vivendas de Protección Oficial
Creación de prazas de aparcamento no casco urbano
Creación de novos espazos de lecer, tanto na vila como na zona rural
Plan de substitución progresiva do alumeado público por instalacións de baixo consumo,
Mellora do sinal de Internet e TDT
Melloras no Cemiterio Municipal:
Iluminación
Construción de novos nichos
Construción de locais para redeiras no porto pesqueiro
Xestión para a dotación dun punto de abastecemento de combustible nas instalacións portuarias
Ampliación de servizos no Edificio de Deportes Naúticos
Peonalización temporal do Porto de Porcillán
Aproveitamento das novas instalacións da Praia dos Bloques como locais para uso deportivo (remo e piragüismo)
Xestión dun segundo acceso desde a Autovía A-8 á Ribadeo
TRÁFICO E SEGURIDADE CIDADÁ
Plan de Ordenación do Tráfico no casco urbano
Atención especial ó servizo de Seguridade Vial nas zonas escolares
Plan de Formación Continuada dos voluntarios de Protección Civil
Creación dun servizo de GRUMIR permanente
Mellora integral das instalacións do Xulgado de Paz
Xestións para a recuperación do Xulgado de Primeira Instancia




















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



