Nota de prensa
OURO E BRONCE FORON OS METAIS ACADADOS POLOS ATLETAS DO C.D.EGOVARROS-VIVEIRO NA MEDIA MARATON DA CORUÑA
O pasado domingo celebrouse na Coruña, a media maratón do Campeonato Galego, cunha participación de 1500 atletas.
O clube vivariense desprazou a 23 atletas á proba coruñesa, destacando na categoría femenina a medalla de ouro acadada por Manuela Guisasola na categoría W-50.
Na categoría masculina en M-45 a medalla de bronce foi para o atleta do clube vivariense Emilio Martínez Anta, outros atletas do clube como Antonio Hernández, Emilio Toral e Eliseo López quedaron a punto de subir ó podium.