Nota de prensa:
O PP aposta por ubicar o servicio de cine en Burela.
Contarìa con dùas salas para capacidade de cen persoas cada unha delas.
Os populares iniciaràn as xestiòns de inmediato tan pronto cheguen ò concello.
Burela, 17 de abril de 2011.- O Partido Popular de Burela afirmou hoxe que se chega ò goberno municipal iniciarà de inmediato as xestiòns para a ubicación dun cine na localidade.
Os populares consideran que Burela tèn poboaciòn suficiente para ter cine, poboaciòn que agora tèn que desprazarse trinta quilòmetros para poder ver proxecciòns de cine comercial. Ademais, a xuventude demanda este servicio para poder ocupar o seu tempo de ocio. En definitiva, tràtase de millorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Burela, piar bàsico do proxecto popular para os vindeiros anos.
Os populares din que no ùltimo ano do seu goberno tiñan un anteproxecto para levar a cabo a implantación deste servicio, estudio e anteproyecto que veñen de rescatar, porque o bipartito non fixo nada por este asunto, e eso que dixeron que o farìan realidade. Ubicarìase nunha finca de Torrentes propiedade do concello, co que non haberìa que facer ningún desembolso para a sùa adquisición. Contarìa con dùas salas, con capacidade de cen persoas cada unha delas, e ademais poderìa usarse como sala de audiciòns e pequeno auditorio.
Os populares tamèn teñen definido cales son os pasos a dar: iniciar conversaciòns con empresas interesadas tanto na explotaciòn do cine coma na construcciòn, sacar a concurso a construcciòn e explotaciòn do mesmo.
Os populares advirten que este non serà un proceso doado nin breve, pero “se non comenzamos nunca se facerà”. Mentres tanto, os populares entenden que haberìa que habilitar fòrmulas para que en Burela se poidan proxectar películas que actualmente estàn no circuito comercial.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



