Nota de prensa
FUENTE PARGA CRITICA O ESTADO DE ABANDONO QUE PRESENTAN AS ESTRADAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL EN BARREIROS.
Barreiros, 14 de maio de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que “o candidato do BNG, Antonio Veiga, non está capacitado para falar do estado das estradas do concello xa que nos catros anos que leva na Deputación Provincial de Lugo non foi quen de arranxar nin un só kilómetro dos nosos viais”.
O rexedor sinalou que “si o Concello tapa os baches é porque a Deputación non fixo eso. Non sabemos moi ben cal foi o traballo realizado por Antonio Veiga ao respecto dos viais provinciais, porque a Deputación non puxo nin un só metro de riego nin de asfalto, nin siquera houbo limpeza das cunetas nin de nada de nada”.
Fuente Parga engadiu que “o Concello de Barreiros gasta cada ano 200.000 euros en amañar as estradas, son moitas pero hai que ir facéndoo. Agora estamos a traballar, pero seguiremos tamén despois das eleccións municipais”.
ENTREGA DE EQUIPAMENTO DEPORTIVO.
O alcalde fixo entrega de equipamento deportivo que realizou o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, por varias parroquias do concello nas últimas horas. Porterias e canastas novas foron destinadas para as pistas deportivas de Vilamartín Grande, Gondán e San Xusto, entre outras.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



