Nota de prensa
O BNG DE FOZ DENUNCIA A LENTITUDE DAS OBRAS DA PONTE DE CABANA EN NOIS
Basanta afirma “que o retraso na obras están creando moitos prexuizos aos veciños sen necesidade”
Foz, a 12 de abril de 2011.- O BNG de Foz, a través do seu portavoz e candidato á alcaldía, Xan Carlos González Basanta, trasladou ao medios públicos o malestar de moitos veciños e veciñas de Nois polos trastornos que está a ocasionar a lentitude na execución que sen motivo están tendo as obras contratadas polo Concello de Foz do ensanche da Ponte da Cabana en Nois. Tanto é así, que hai xa moitos días que non hai practicamente actividade e un número insuficiente de obreiros traballando.
Este inxustificado atraso está a provocar, segundo opinión dos veciños de Nois, moitos prexuízos e provocando trastornos na vida diaria dos mesmos, posto que teñen que rodear a parroquia en máis de dous quilómetros para pasar dun lado a outro. Actividades diarias como ir á fonte, á igrexa, ao bar, á farmacia ou ao ultramarinos é para os veciños e veciñas de Nois neste momento unha odisea ao mesmo tempo que provoca moitas perdas aos negocios da parroquia. Mesmo é un perigo cruzar a ponte en obras por non ter habilitado un paso para peóns ao lado da mesma..
Por este motivo, o BNG esíxelle ao goberno municipal que poña cartas no asunto se realmente lle importa solucionar os problemas dos veciños de Nois e lle mande á empresa contratada, a axilización das obras para non ter que sufrir durante tanto tempo todos estes inconvenientes posto que hai máis de dous meses que hai estes problemas.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



