NOTA DE PRENSA
O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, reuniu esta mañá de domingo nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro, a toda a Candidatura para as vindeiras Eleccións Municipais, na mesma ademais de realizar a foto de conxunto das candidatas e candidatos do BNG, Bernardo Fraga, Candidato á Alcaldía de Viveiro, ofreceu a seguinte intervención, para valorar o traballo realizado durante a precampaña, así como o compromiso de traballo durante a campaña:
En primeiro lugar, no BNG estamos moi satisfeitos co traballo desenvolvido durante estes tres meses de intensa precampaña que remata o vindeiro xoves pola noite, co inicio oficial da campaña. Mantivemos reunións coa maioría dos colectivos sociais do Concello, entre os que se atopan os colectivos de comerciantes existentes, asociacións de veciños, culturais e de muller, clubes e entidades deportivas, asociacións de montes e productores de madeira e asociacións de discapacitados. Todas elas contribuiron de forma activa á elaboración do programa electoral que presentaremos a vindeira semana, e que recolle as súas inquietudes e propostas, así como un traballo dos compañeiros, militantes e simpatizantes do BNG, nun esforzo que resalta o compromiso da nosa organización co futuro de Viveiro.
En segundo lugar, queremos adquirir diante da sociedade de Viveiro, un compromiso de traballo e actuación durante a campaña electoral que comeza o vindeiro xoves, como mostra de que en Viveiro, outra forma de facer política é posible, e que a única forza capaz de facelo a día de hoxe, e tal e como están a demostrar as demais forzas, é BNG.
Este compromiso recolle os puntos fundamentais ao redor dos cales xirará a campaña do BNG de cara as eleccións municipais.
O BNG participará en todos os debates públicos entre os diferentes candidatos á Alcaldía aos que sexamos convidados. Acudiremos aos debates para falar de futuro e para presentar o noso programa político frente ao das demais forzas, en ningún momento entraremos na provocación e na disputa persoal, e non descalificaremos a ningún dos nosos contrincantes políticos.
O BNG realizará actos públicos en tódalas Parroquias do Concello, nás que ademais de presentarlle ás veciñas e veciños o noso programa político para a vindeira lexislatura, recolleremos as súas inquietudes e propostas de cara ao noso traballo futuro na corporación municipal.
O BNG falará de ti a ti con toda a cidadanía, empregando o discurso positivo e o convencemento a través das nosas propostas programáticas, en ningún caso recurriremos nin á imposición nin a presión.
No BNG non faremos falsas promesas, seremos realistas nas nosas propostas, e o que si que podemos prometer, é traballo a reo para mellorar o futuro de Viveiro.
O BNG non entrará con ningunha outra forza política, como xa podemos observar que comeza entre as principais forzas do Concello, e como desgraciadamente ven sendo habitual nos últimos oito anos, en debates dialécticos esteriles, que en nada benefician ás veciñas e veciños, e so crean crispación entre a cidadanía.
Por último, o BNG non empregará a falsidade nin levantará falsos testemuños sobre os nosos contrincantes políticos.
No BNG cremos que outro Viveiro é posible, e velaí o noso compromiso de traballo e actuación diante das veciñas e veciños, co compromiso firme, de que en Viveiro Hai Futuro.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



