Durante os catro anos de goberno bipartito da mesma cor política na Deputación de Lugo e na Xunta, socialistas e nacionalistas foron incapaces de levar adiante este servizo
FIXO FALLA QUE O PP REGRESARA Á RESPONSABILIDADE DE GOBERNO NA XUNTA PARA ACADAR O IMPULSO DEFINITIVO E POSIBILITAR A APERTURA DOS PARQUES DE BOMBEIROS
Entre outros aspectos salientables o Executivo que preside Feijoo licitou adxudicou e constriu o parque contra incendios de Viveiro.
A Mariña, 2 de maio de 2010.- O regreso do Partido Popular á responsabilidade de goberno na Xunta de Galicia foi decisivo para acadar o impulso definitivo que fixo posible a apertura dos parques de bombeiros na Mariña lucense (Viveiro e Barreiros) e no resto da provincia de Lugo. Así o entende o Partido Popular comarcal quen non deixa de felicitar aos veciños da comarca pola entrada en servizo desta infraestrutura que operará nun ámbito tan importante como é a atención das emerxencias que poidan ter lugar por razón de incendios, inundacións, accidentes de tráfico ou outras actividades de rescate o salvamento.
Malia que non deixan de recoñecer que o consorcio provincial contraincendios é resultado dunha labor de cooperación e traballo conxunto entre distintas administracións (concellos, Deputación e Xunta) os populares queren significar que durante os catro anos de goberno bipartito conxunto, tanto no ente provincial como no autonómico, socialistas e nacionalistas non foron quen de poñer en marcha este servizo.
Para dar conta do impulso popular á apertura destes parques desde o PP lembran que tanto a licitación como a adxudicación da construción do parque contra incendios de Viveiro foron decisións promovidas pola Consellería de Presidencia que dirixe Alfonso Rueda. Neste mesmo ámbito sinalan os acordos máis decisivos respecto da operatividade, posta en servizo e determinación do financiamento necesario para levar adiante a apertura dos parques de bombeiros foron acadadas nas xuntanzas que mantivo o consorcio provincial contra incendios estando presente tanto o propio Alfonso Rueda, como o responsable de emerxencias da administración autonómica –Santiago Villanueva- e outros representantes da Xunta popular.
Desde o PP comarcal insisten en que unha vez máis o Goberno autonómico que preside Alberto Núñez Feijóo resulta decisivo para poñer fin a unha das débedas históricas da provincia de Lugo e, nomeadamente dos concellos da Mariña lucense que ata o momento carecían deste servizo, lonxe dos moi meritorios esforzos desenvolvidos polas agrupacións de voluntarios e profesionais de Protección Civil, financiadas por certo tamén con cargo a subvencións da Xunta.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



