Nota de prensa:
“Ninguén fará máis polo teu concello” será o lema de campaña do Partido Popular de Lugo
Segundo explicou o presidente provincial, “é un slogan realista e no que conflúe perfectamente a filosofía e a estratexia da nosa campaña”
José Manuel Barreiro dixo que o PP aspira a volver a gañar as eleccións na provincia de Lugo pero, ademais, “a gobernar na maioría deles”
Jaime Castiñeira dará 52 mitines durante a campaña polo que non dubidou en indicar que “sei a que hora empezo, pero non á que remato”
Os populares calificaron de “intensa” e “fructífera” a precampaña
Lugo, a 5 de maio de 2011.- O presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, compareceu hoxe en rolda de prensa, xunto co candidato á Alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira e os secretarios provincial e local desta formación política, José Manuel Balseiro e Lourdes Yáñez respectivamente, para facer balanzo da precampaña e para adiantar as liñas maestras da campaña.
“Niguén fará máis polo teu concello” será o lema que empregarán os populares lucenses a partir de mañá. “É un slogan realista e no que conflúe perfectamente a filosofía e a estratexia da nosa campaña”, explicaron.
“Temos claro, e creo que esa é unha percepción xeralizada que traspasa mesmo a ideoloxía que cada quen profese, que é imprescindible un cambio radical que leve aparellado unha profunda rexeneración da acción de goberno”, indicou Barreiro.
As consecuencias da nefasta política económica desenvolvida no Estado polo Partido Socialista é, segundo dixo, “unha cruz que estaremos obrigados a arrastrar durante moito tempo, pero temos que poñer todos os medios posibles para reducir o máis posible esa condena que é xa inevitable”. “Nós estamos convencidos que esa rexeneración pode principiar a acometerse dende os concellos, dende a administración máis próxima ós cidadáns. O Partido Popular, tamén en época de crise, demostrou e está a demostrar alí onde ten responsabilidades de goberno que hai un xeito distinto de facer as cousas, que cando hai que apretar o cinto os primeiros que teñen que dar exemplo son os políticos e que, sempre, pero no contexto actual aínda máis, o rigor, o sentido común e a austeridade teñen que presidir a acción de goberno”, engadiu.
Para os populares, “o cambio necesario” é, pola gravidade da situación na que nos atopamos, “un asunto de país”, polo que durante a campaña apelarán “a responsabilidade e a capacidade que temos todos, cada quen no seu ámbito de influencia e actuación, para cambiar as cousas”.
Precisamente e fundamentado sobre esa responsabilidade á que apelaran durante a campaña, o Partido Popular aspira a volver a gañar estas elección en Lugo pero nesta ocasión tamén a gobernar na maioría deles e a recuperar a Deputación provincial. En calquera caso, segundo puntualizou Barreiro, “non damos nada por ganado e moito menos nada por perdido. Pelexaremos en todos e cada un dos concellos desta provincia por ser a forza maioritaría porque estamos seguros de que só dese xeito o PP poderá formar goberno”.
BARREIRO PARTICIPARÁ EN 200 ACTOS
O PPdeLugo ten previsto desenvolver preto de 200 actos (a maioría mítines) durante os vindeiros quince días por toda a provincia, nos que na meirande parte deles participará o presidente provincial, así como destacados membros do partido no ámbito rexional e nacional, principiando polo presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo que, segundo adiantaron, terá unha participación destacada como tamén a practica totalidade dos conselleiros do goberno galego.
A estos actos haberá que sumar os que desenvolverán cada un dos 67 candidatos populares nos seus respectivos concellos.
PRECAMPAÑA INTENSA E ALENTADORA
No que respecta á precampaña, dende o PPdeLugo calificarona de “intensa” e, “como é norma neste partido en todas as citas electorais”, segundo apuntillou Barreiro, a pé de rúa. “Tanto que nestes últimas semanas percorremos arredor de 8.000 quilómetros, que os que acostuman a pecharse nos seus despachos ata uns días antes da celebración dunhas eleccións lles parecerán moitos pero que ós que estamos acostumados a andar pola provincia, día a día, non nos supoñen tantos”, explicitou o líder dos populares lucenses.
Organizáronse preto 150 actos, nos que primou por riba de todo o contacto directo con afiliados e simpatizantes co dobre obxectivo de transmitir o ideario básico co que o PP concurre a estas eleccións, sustentado sobre tres pilares básicos: austeridade, rigor na xestión e eficacia; e recoller todas as iniciativas que propuxeron as bases do partido e que resultaran susceptibles de incorporar á estratexia de campaña.
Un tercio destes actos de partido consistiron en presentacións de candidatos e candidaturas porque, para o Partido Popular, “é básico”, segundo recalcou Barreiro, “que o electorado teña contacto directo coas persoas que, dende a alcaldía, van a determinar o futuro dos respectivos concellos”.
O balanzo que desta actividade foi, segundo recalcou, “moi fructífero”. “Fomos conscientes da preocupación dos lucenses polo futuro que nos agarda e o interese da xente en xeral, incluidos os que non son militantes do noso partido, por coñecer as nosas propostas, o que para nós resulta un indicador, ademais de gratificante, moi positivo”.
52 MITINES EN LUGO CAPITAL
O candidato popular á alcaldía de Lugo explicou, pola súa banda, que realizará 52 mitines durante a campaña, que combinará cunha trintena de repartos, co obxectivo de peinar a parte urbana do Concello e as súas 54 parroquias.
Castiñeira detallou que iniciará a súa xornada todos os días “sabendo a qué hora empezo, pero non á que remato”, comezando cada día nun barrio diferente. Neste senso, concretou que un dos primeiros almorzos compartirao co presidente do PPdeG e con varias deceas de empresarios, o vindeiro luns 9 de maio.
Ademais desta actividade, participará nunha ducia de debates e continuará coa súa actividade nas redes sociais (tanto en Facebook como en Twitter) e con actualizacións periódicas na súa páxina personal www.oteualcalde.com así como en encontros dixitais. Na web seguirase completando a serie Lugo Quere, con vídeos relativos ó reequilibrio de barrios e á economía, que se suman ós de emprego e seguridade.
En síntese, será unha campaña aberta, participativa e baseada no diálogo coa xente para seguir incorporando ideas, posto que o programa está aberto ata o último momento. Nese senso, ao longo da campaña presentarase o programa con diferentes bloques, ao mesmo tempo que irá avanzando compromisos específicos que non figuran no programa polo de agora.
A campaña remataraa con unha maratón de 40 horas sen parar á que tamén se sumará o presidente autonómico do PP Alberto Núñez Feijoo.




















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



