Nota de prensa:
PROGRAMA TIC TAC na Biblioteca Pública de Burela
Recentemente, Red.es – entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Industria, Turismo e comercio – e a Xunta de Galicia asinaron un convenio para desenvolver o programa “ TIC TAC “, o cal ten por obxecto a dotación de equipos e dispositivos tecnolóxicos que permitan o acceso ás persoas con discapacidade á Sociedade da Información.
En virtude deste programa, a Biblioteca Pública Municipal de Burela conta cun novo equipamento para mellorar a accesibilidade á sociedade da información das persoas con discapacidade.
O equipamento, que permitirá facer uso dun PC ás persoas con algún tipo de discapacidade, combina sofware específico e elementos periféricos, desde ratos con bola xigante e conmutadores, que facilitan o manexo para usuarios con dificultades motoras, ata controladores do computador sen mans, que permiten manexalo cun sinxelo movemento do mentón ou da cabeza. Tamén inclúe teclados con teclas de gran tamaño para facilitar a pulsación, recomendado para persoas con problemas de mobilidade e/ou visión; pantallas táctiles, que se activan por contacto coa pel e mediante instrucións acústicas, e brazos articuladores para facilitar a suxeición destes dispositivos.
Lembremos que, o propósito do presente proxecto, non é outro que, facer posible a plena integración das persoas con algún tipo de discapacidade no seu acceso á sociedade da información e a comunicación, coa eliminación das barreiras de acceso aos computadores.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



