Nota de prensa
Debate no Parlamento
OS SOCIALISTAS DIN QUE A APLU É UN INSTRUMENTO DE MANIPULACIÓN URBANISTÍCA CREADO A IMAXE E SEMELLANZA DOS INTERESES DO PARTIDO POPULAR
– A portavoz de Política Municipal do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Mar Barcón denunciou “o retroceso que a disciplina urbanística, a legalidade no mundo do urbanismo, a protección do territorio, os dereitos lexítimos dos cidadáns e o noso patrimonio natural sofren dende a chegada de Feijoo en Galicia”
-Barcon dixo que hai unha manipulación continuada da APLU, utilizando os recursos deste organismo para atacar aos adversarios políticos, filtrar documentos, e tapar problemas dos amigos
– Preguntoulle ao Conselleiro “si avala o urbanismo de Fisterra, e si tamén van a firmar un convenio como fixeron co Concello de Barreiros?”
– Emprazou ao Conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras a “poñer coto aos desmans aos Alcaldes do Partido Popular, e asumir a súa responsabilidades para velar pola legalidade urbanística”
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2011. A portavoz de Política Municipal do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Mar Barcón interveu hoxe no Pleno da Cámara Autonómica para interpelar á Xunta sobre definición de prioridades e o plan de traballo anual da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, e o anuncio das súas actuacións e as súas previsións. Alí denunciou “o retroceso que a disciplina urbanística, a legalidade no mundo do urbanismo, a protección do territorio, os dereitos lexítimos dos cidadáns e o noso patrimonio natural sofren dende a chegada de Feijoo en Galicia”.
A deputada dixo na súa intervención que os organigramas da Xunta non resolven os problemas e os repartos competenciais, e advertiu “xa que non son suficientes cando non hai nin eficacia nin capacidade nin vontade de facelo”, subliñou.
A parlamentaria socialista replicou “que as modificación na APLU non anunciaban nada bo”. E cualifico o percorrido do urbanismo en Galicia “coma a historia do litoral entre Barreiros e Fisterra”. Dixo que é “un triste percorrido que ameaza con converter o territorio nun taboleiro de xogo, especulación e favores políticos”, e proseguiu “no que a Xunta fai tempo que renunciou a ser o árbitro, e situouse, claramente no desleixo e o desprezo pola norma”.
A portavoz do PSdeG-PSOE tamén denunciou a “domesticación da APLU”. Lembrou que no ano 2009, Núñez Feijoo impulsou unha planificada reorganización da Axencia que pasou polo cambio estatutario, o cambio na dirección e a modificación das competencias. E aludiu as declaracións do Alcalde de Barreiros sobre este asunto, xa que sinalou que esta reestructuración “era unha moi boa nova, porque así lle quitaban de diante ao equipo que o denunciara”.
Barreiros
Barcon afirma que a legalidade da APLU e o seu cumprimento “ten que ver mais coa militancia e os intereses económicos da persoa afectada”, espetou. E puxo como exemplo o convenio asinado co Concello de Barreiros, por un importe de 14 millóns de euros, destinados para suplir as deficiencias de servizos de urbanizacións privadas construídas, autorizadas e impulsadas por un goberno municipal do PP que desatendeu todos os requirimentos que se lle fixeron para que respectara a lei, e que non quixo atender os requerimentos feitos dende o anterior goberno autonómico.
Dixo que esta decisión ten que ver con intereses de amigos dos amigos, e que obvia esixir ningunha responsabilidade, nin sequera política, ao primeiro muñidor de tal desfeita, que ten nome e apelidos, Alfonso Fuente Parga, Alcalde de Barreiros.
Gondomar
Tamén puxo de exemplo o exemplo urbanístico de Gondomar, e replicou que si “con Barreiros foi arroxado nas decisións, con Gondomar preferiu a prudencia e evitou tomar cartas no mantemento da legalidade urbanística, tolerando actuacións, que rematan todas e cada unha delas nos tribunais”, e insistiu “pero aí manda o interese do señor Louzán e de novo o interese xeral é sacrificado diante do partido”.
Fisterra
Sobre o urbanismo en Fisterra lembrou que dende fai unhas semanas confírmanse sentenzas do TSXG relativas á nulidade das licenzas outorgadas na recta da Anchoa en Fisterra. E aseverou “este escándalo tamén ten nome e apelidos: o do Alcalde de Fisterra, Jose Manuel Traba, un Alcalde que presume que non vive da política, como lle gusta ao Presidente da Xunta, os señores Pose e Muiño, donos dunha promotora afectada, e sobriños don entón alcalde de Muxía e o hoxe portavoz popular, Alberto Blanco e Daniel Domínguez, fillo do entón alcalde de Cee. Preguntoulle ao Conselleiro “si avala o urbanismo de Fisterra, e si tamén van a firmar un convenio como fixeron co Concello de Barreiros?”.
Tomadura de pelo
Barcon dixo que hai unha manipulación continuada da APLU, utilizando os recursos deste organismo para atacar aos adversarios políticos, filtrar documentos, e tapar problemas dos amigos. Por ultimo cualificou a folla de ruta urbanística de Galicia “como unha tomadura de pelo”, emprazou ao Conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras a “poñer coto aos desmans aos Alcaldes do Partido Popular, e asumir a súa responsabilidades para velar pola legalidade urbanística”, resumiu.


















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



