Nota de prensa:
A Asociación Cultural Arrincadeira promoveu á homenaxe ó escritor Álvaro Patricio Cunqueiro Mora, co gallo da celebración do centenario do seu nacemento, o pasado 9 de abril nun acto a carón do paseo fluvial, ó seu paso polo lugar do Mazo de Riotorto.
O acto consistíu na plantación dunha figueira, árbore que preside a casa de don Merlín en Miranda e debaixo da que parola con moitos dos seus distinguidos visitantes. Xunto a figueira descubriuse unha placa conmemorativa.
O vinderio sábado día 2 de xullo as 19:00 na Casa da Cultura damos continuidade a esta homenaxe cun acto no que presentaremos o estudio elaborado por Herminia Estoa baixo o título “Cunqueiro e Riotorto: A Terra de Miranda na vida e obra de Álvaro Cunqueiro”. Tamén contaremos coa actuación musical de César Morán interpretando nunha charla musicada varios poemas de Álvaro Cunqueiro.
Ademais teremos a oportunidade de escoitar a voz de Cunquerio falando de Riotorto na última entrevista que lle fixo o propio César Morán pouco antes do seu falecemento.
No centenario do seu nacemento Riotorto non pode quedar a marxe dos actos de celebración. A casa de Moirón, en Cachán, foi o berce da familia materna de Álvaro Cunqueiro Mora. O escritor mindoniense era fillo de Josefa Mor Moirón, e neto de Manuel Mor Bermúdez (de Espasande de Riba) e Carmen Moirón Agüera; o seu bisavó, Manuel Moirón, foi notario de Riotorto. Parece ser que o segundo apelido de Cunqueiro cambiáronllo por erro no servizo militar, pasando de “Mor” a “Mora”. Especial relación mantivo co seu tío-avó Serxio Moirón do cal decía que era “un gran comentador de sucesos”
Reivindicamos pois a especial significación de Riotorto na vida de Cunqueiro (especialmente na súa nenez) demostrada en numerosas refencias ao longo sa súa obra. Así, na primeira novela “Merlín e familia” aparecen múltiples mencións claramente riotortenses para situar á Miranda de Merlín . Incluso unha das personaxes da novela, Manueliña de Calros, está baseado nunha célebre muller veciña de Riotorto e amiga de Álvaro, que coñeceu nas súas estadías no noso pobo.
“Na casa dos meus abós en Riotorto ouvía as historias durante esas noites longas e puiden adequerir certas habelencias para contar” Alvaro Cunqueiro nunha entrevista feita por MichaeL Queyja para a revista Grial. I é que A Terra de Miranda Cunqueiriana son as Terras de Riotorto, e non outras.
César Morán Profesor Asociado da Universidade da Coruña.
Catedrático de Lingua e Literatura Galega no I.E.S Agra do Orzán.
Combinou desde moi novo as tarefas musicais e as literarias. Na década dos 70 desenvolveu unha intensa actividade como cantautor, obtendo diversos premios de interpretación e composición.
É membro fundador de Agra, primeiro grupo de jazz-rock con raíces folclóricas, actuando como teclista e compositor até a súa disolución en 1979.
Pola mesma época traballa como músico co grupo de teatro “Troula” no espectáculo O velorio, orixinal de Francisco Taxes e dirixido por Antonio F. Simón, participando en diferentes festivais nacionais e internacionais.
Como autor literario, ten publicado diversos poemas e relatos (volume colectivo Fogo cruzado…), así como obras de estudos filolóxicos (coautor da Nova Gramática para a aprendizaxe da lingua, 1988) e de crítica literaria, colaborando en publicacións periódicas como Luzes de Galiza, Agália, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Unión libre, Monfadal, etc.
Dedicou especial atención á obra de Álvaro Cunqueiro, a quen realizou a última entrevista pouco antes da súa morte. É tamén autor da primeira tese de licenciatura realizada sobre o autor mindoniense nunha Universidade galega, e entre outros moitos traballos monográficos publica en 1990 o libro O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro.
Combina as súas tarefas docentes, literarias e musicais, colaborando na prensa escrita e mesmo na radio e TV, compondo música para diversos programas.
É autor, con Manuel Rivas, do CD O pobo da noite (1996), un traballo poético-musical que consiste na composición musical e interpretación conxunta de poemas do autor, levado ao directo en numerosas ocasións.
Retoma de maneira decisiva a actividade musical e compón a música do seu CD Río de son e vento (1998), traballo que se completa coa súa antoloxía do mesmo nome, e iniciando unha actividade continuada de comunicación directa co público.
Nos anos 2003 e 2004 traballa co Centro Dramático Galego, primeiro como músico no espectáculo Daquel abrente e despois como autor do Estudo crítico na posta en escena de O ano do cometa, obra dirixida por Quico Cadaval.
Liñas de investigación:
As súas preferencias están na literatura contemporánea, así como na lingua desde o ponto de vista descritivo e sociolóxico.
Na actualidade traballa na súa Tese de Doutoramento sobre O teatro de Álvaro Cunqueiro, dirixida por Carlos Paulo Martínez Pereiro. Prepara así mesmo un novo libro sobre o citado autor e un novo traballo discográfico de composición e interpretación musical.
Publicacións:
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. “Entrevista con Álvaro Cunqueiro”, in Homenaxe a Álvaro Cunqueiro, Universidade de Santiago, 1982.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. “Algunhas notas arredor de Don Hamlet”, in A Nosa Terra, Extra 2, 1984 (1991 nova edición acrescentada).
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. “Análise literaria dun fragmento do Merlín”, in Comentário de textos literarios, Alhena, Madrid, 1986.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Nova Gramática para a aprendizaxe da língua, (con X.C. Rábade, A. González Refoxo e X. Costa), Vía Láctea, A Coruña, 1988.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. “Questionário de História Contemporánea”, Lluís V. Aracil (con J. Mato), in Agália, 17, 1989.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro, Agal, A Coruña, 1990.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. “Estudo-análise de As crónicas do sochantre”, in Agália, 25, 1991.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. “O porco de pé no tempo de Joyce”in Vicente Risco: arredor de nós, A Nosa Terra, “A Nosa Cultura”, 14, 1993.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. “Criaçom e produçom literária na Galiza” in Estudos Portugueses e Africanos, 2º semestre, 1994.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. “Prefácio da 3ª ed.”; De As cantigas de Pero Meogo de Leodegário A. de Azevedo Filho, Laiovento, Santiago de Compostela, 1995.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. O pobo da noite, CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas, Xerais, Vigo, 1996.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Río de son e vento, CD poético-musical sobre textos de literatura contemporánea, Xerais, Vigo, 1998.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Río de son e vento. Unha antoloxía da poesía galega, Xerais, Vigo, 1999.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. “As viaxes imaxinárias de Álvaro Cunqueiro” [1934-35], in Monfadal, 2, 2000.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Antoloxía da lírica medieval [1934-35], Biblioteca 120, La Voz de Galicia, 2001.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. A teatralidade na obra de Cunqueiro. O ano do cometa (estudo crítico), Xunta de Galicia, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, Santiago de Compostela, 2004.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



