Nota de prensa:
Arranca este luns o “Ludo TIC”, a programación de cursos gratuítos sobre as novas tecnoloxías dirixidos aos nenos
– Cativos de entre 6 e 12 anos cobren as primeiras prazas de “Mañá de verán” e “Aprendemos xogando”, 2 dos 4 obradoiros que se prolongarán ata o 26 de agosto
– Todos os interesados poden formular a súa inscrición enviando un correo electrónico a inlugo@deputacionlugo.org ou chamando ó 982 22 51 86
A Deputación comeza a desenvolver este luns o “Ludo TIC”, a programación de cursos gratuítos sobre as novas tecnoloxías dirixidos ós nenos. Trátase dunha iniciativa promovida dende o 1º Centro de Innovación Social en Galicia (In Lugo) posto en marcha pola institución provincial mediante o cofinanciado nun 88,9% do Plan Avanza do Ministerio de Industria.
Cativos de entre 6 e 12 anos enchen xa a cota de prazas dispoñibles para xuño e xullo do curso “Mañá de verán”, así como as de este mes da xornada “Aprendemos xogando”. O prazo de inscrición para participar nos 4 obradoiros que se prolongarán ata o 26 de agosto segue aberto. Por iso, todos os interesados poden formular a súa solicitude a través do correo electrónico inlugo@deputacionlugo.org, ou chamando ó número de teléfono 982 22 51 86. O número de prazas por cada actividade é de 10 persoas co fin de conseguir que a participación sexa o máis efectiva posible.
As actividades, que se desenvolverán no propio “In Lugo” emprazado no segundo andar da Escola de Imaxe e Son, situada na rúa Frei Prácido Rei Lemos da capital lucense, son as seguintes:
– “Tarxetas de felicitación”. Os participantes inscritos realizarán tarxetas de felicitación personalizadas a través de internet e do procesador de textos, conseguindo deste xeito que se introduzan de forma lúdica e divertida no uso das novas tecnoloxías. Impartirase os luns.
– “Aprendemos xogando”. Este curso está divido en dúas partes, na primeira explicarase de forma divertida o uso das novas tecnoloxías, empregando a plataforma de baile, xogarase coa cámara web, e coñecerase o uso do bolígrafo dixital ou libro electrónico. Nunha segunda parte, os asistentes poderán personalizar debuxos, camisetas, gorros ou calquera prenda de vestir empregando o papel transfer (papel empregado para impresoras que permite que, logo de impreso o deseño escollido, a través dunha prancha quente, se poida pasar o debuxo á prenda desexada). Celebrarase os martes e os xoves.
– “Mañás de verán”. Neste caso, o obxectivo é que os rapaces coñezan tanto os xogos tradicionais como as últimas novidades dos videoxogos, ó mesmo tempo que aprenden valores como traballar en equipo ou o compañeirismo. Desenvolverase os luns e os mércores de cada semana.
– “Avós e netos”. Trátase dun campionato formado por parellas de avós e netos en diversos xogos tanto tradicionais como de última xeración. O obxectivo principal é achegar as novas tecnoloxías á xente maior, facendo partícipes ós máis pequenos. Impartirase os martes, mércores e xoves.
Ademais desta programación, o 1º Centro de Innovación Social en Galicia continúa a desenvolver a programación deseñada para este mes. Son en total 28 cursos, obradoiros e seminarios que, de xeito totalmente gratuíto, achegan as vantaxes das novas tecnoloxías ós lucenses co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida.
Pola súa banda, os interesados en tomar parte en ditas actividades do In Lugo poden informarse ou inscribirse no propio centro, en horario de 9:00 a 21:00 horas, de luns a venres; os sábados, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os domingos, entre as 10:00 e as 14:00 horas; entrando na súa páxina web (www.inlugo.deputacionlugo.org) ou ben enviando un correo electrónico a inlugo@deputacionlugo.org.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



