Nota de prensa:
90 desempregados lucenses volven en xullo ao mercado laboral co Pacto Provincial polo Emprego
– 53 participantes no curso “Monitores Socioculturais” traballan xa en empresas de Sarria, Lourenzá, Bóveda, Carballedo, A Pontenova, Vilalba, Castro de Rei e Monforte de Lemos
– Nas vindeiras semanas comezarán as súas prácticas en 8 centros para maiores da provincia os beneficiados da acción formativa “Atención sociosanitaria en institucións”
– A Deputación ampliará a formación a 1.200 persoas máis logo de acadar 3,5 millóns de euros do Fondo Social Europeo para desenvolver o Pacto polo Emprego 2
Un total de 90 participantes do Pacto Provincial polo Emprego inician en xullo as súas prácticas en distintas empresas da provincia dentro deste programa, co-financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo, co que o organismo provincial está a formar dende o pasado mes de marzo a 576 desempregados da provincia nas profesións diagnosticadas, previamente, como as de maior futuro en Lugo.
Deste xeito, logo de concluír o proceso teórico, 53 persoas traballan dende o pasado venres como monitores socioculturais en empresas dos Concellos de Sarria, Lourenzá, Bóveda, Carballedo, A Pontenova, Vilalba, Castro de Rei e Monforte de Lemos. Asimesmo, nas vindeiras semanas, comezarán as súas prácticas en “Fundación Mensajeros de la Paz”, “Fundación Eu Son”, residencias “Betania”, “Bartolomeu”, “Nuestra Señora del Carmen” e “Carlos IV”, así como en “ALALÁS” e “Centro de Atención a persoas con discapacidade de Sarria”, os beneficiados da accións formativa “Atención sociosanitaria en institucións”, desenvolta en distintas edicións nos municipios de Burela, Palas de Rei, Sarria, Vilalba e Monforte de Lemos.
En agosto, a organización do proxecto continuará co programa de prácticas, co que os asistentes teñen a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos durante a formación teórica, aumentando as súas posibilidades de inserción nos nichos de emprego máis demandados. Neste senso, ó longo dese mes, comezarán a parte práctica os asistentes das seguintes accións formativas: “Atención sociosanitaria a domicilio” de Foz, Ribadeo, Viveiro, A Fonsagrada, Becerreá, Monterroso e Chantada; “Servizos de Restaurante” de Foz, Vilalba e Monforte de Lemos; “Promoción turística” de Sarria; e “Aproveitamentos forestais” do Valadouro e Meira. O inicio da parte práctica concluirá o 1 de setembro con esta última acción formativa que se imparte no Concello de Guitiriz.
A formación está destinada a todos os desempregados da provincia, agás o do Concello de Lugo que ten máis de 5.000 habitantes e o seu propio Pacto. O Programa inclúe 45 accións formativas relacionadas coas áreas sociosanitaria, hostalería, turismo e forestal. Suman máis de 15.000 horas de formación e 60.000 de prácticas en empresas. A formación ten un custe 0 para os participantes, quenes reciben unha axuda económica equivalente ó 75% do IPREM, é dicir, uns 400 euros mensuais. En canto a distribución dos participantes, 246 pertencen ós Concellos da zona centro; 192 á Mariña e 138 á zona sur.
Pacto polo Emprego II
Un total de 1.600 persoas formalizaron a solicitude no INLUDES para participar na 1º convocatoria deste programa, case o triple das prazas ofertadas. Tendo e conta o seu éxito, a Deputación formalizou en marzo a solicitude ante o Ministerio de Política Territorial para acadar novos fondos europeos que permitan dar continuidade a este programa, a través dun novo proxecto: Pacto polo Emprego 2. Logo da resolución das axudas comunitarias este pasado venres, a institución recibiu un total de 3.571.526 euros, sendo o proxecto que conseguiu máis fondos en Galicia dos subvencionados polo Fondo Social Europeo. Ante os bos resultados, a institución provincial creará máis traballo nos novos nichos de emprego; duplicará a formación remunerada que a Deputación presta na actualidade, ampliando as prazas de 576 participantes actuais a 1.200; e facilitará que os beneficiarios poidan obter o Certificado de Profesionalidade, que é imprescindible para moitas profesións.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



