A Xunta recoñece e xustifica as ilegalidades de Barreiros na memoria ambiental do plan sectorial PDF
4 de xullo de 2011. Por se o Decreto 15/2007 que suspendeu o urbanismo de Barreiros non fora suficiente; por se as sentenzas do Contencioso-Administrativo de Lugo non foran dabondo para demostrar a ilegalidade das licenzas outorgadas en Barreiros en 2006, no DOG deste 28 de xuño aparece publicada a Memoria Ambiental do Plan Sectorial polo que a Xunta pretende “regularizar” a situación das promocións ilegais. Esta memoria constitúe unha proba non só de tais ilegalidades, senón das intencións da Xunta de lavar os chanchullos e infraccións urbanísticas de Barreiros con diñeiro público. ADEGA dará traslado á Fiscalía de dito documento para que serva como proba na denuncia contra Hernández por prevaricación e delictos contra a facenda pública.
Nesta Memoria Ambiental maniféstase literalmente:
“No Concello de Barreiros foron suspendidas as Normas Subsidiarias de Planeamento, vixentes dende o 28 de outubro de 1994, polo Decreto 15/2007, do 1 de febreiro, polo que se suspenden a vixencia das normas subsidiarias de planeamento municipal de Barreiros e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento.
“Ao amparo desas Normas subsidiarias e nun interese por impulsar o turismo estival desta zona costeira, concedeuse un importante número de licenzas urbanísticas en terreos que, a pesares de estar clasificados como solo urbano, non contaba coas infraestruturas básicas de abastecemento, saneamento e acceso por vía pública, necesarios para dar servizo aos desenvolvementos que se estaban a levar a cabo.
Estase afirmando, efectivamente, nesta Memoria Ambiental que as parcelas afectadas por todas estas licenzas non contaban nen contan “con acceso por vía pública pavimentada e servizos urbanos de abastecemento de auga potable, evacuación de augas residuais á rede de saneamento, subministración de enerxía eléctrica, iluminación pública, en condicións de caudal e potencia adecuadas para os usos permitidos.” É dicir, tais parcelas, de ningunha forma poden ser calificadas como solo urbano consolidado ao non estar dotadas dos servizos urbanísticos esixidos no artigo 16 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia (LOUGA).
En consecuencia, non podía o Concello de Barreiros ter outorgado licenza algunha sen antes terse executado un proceso urbanizador que, con equidistribución de cargas entre as parcelas beneficiadas, a cargo dos promotores e cedendo ao concello o 10% do solo, empezase dotando ás parcelas todas dos servizos de abastecemento de auga e luz, das redes de saneamento e de comunicación, dos viais, etc, nas condicións adecuadas de capacidade, caudal e potencia para os usos permitido e cedendo, finalmente, o solo imprescendible para zonas verdes, dotacións públicas ou para vivendas de promoción social tal como se esixe na LOUGA.
E sigue dicindo esta Memoria Ambiental:
“Así, coa intención de dar resposta ás necesidades das promocións que se desenvolveron e resolver o déficit de infraestruturas, con data do 20 abril de 2010 asinouse un Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Organismo Autónomo de Augas de Galicia, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, a Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros para o financiamento e execución dos proxectos de urbanización, abastecemento e saneamento nos núcleos de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante”
Non se pode dicir máis claro: trátase de executar e financiar os proxectos de urbanización, abastecemento e saneamento nos núcleos de ……”, de executar con cartos públicos unhas obras de urbanización que tiñan que estar completadas antes de ter outorgadas as respectivas licenzas, e todo en beneficio exclusivo duns promotores que ademáis de terse beneficiado dunha maior edificabilidade (1,5 m2/m2 en solo urbano consolidado fronte a 0,5 m2/m2 en solo non consolidado) non tiveron que ceder solo algún ao patrimonio municipal, nin para dotacións públicas e viais, nin tampouco o 10% do aproveitamento urbanístico.
Para ADEGA estamos ante un evidente caso de prevaricación urbanística que a Xustiza de ningunha maneira pode deixar impune: nin na vía contenciosa nin na vía penal. Se tal arbitrariedade puidera consolidarse, a Xunta de Galicia carecería de toda autoridade para, en diante, perseguir calquera outra infracción urbanística. Simplemente a lexislación quedaría suplantada pola vontade e arbitrariedade do Conselleiro.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



