Nota de prensa:
ALFONSO VILLARES CUALIFICA DE “MOI ENRIQUECEDORA” A LABOR DESENVOLVIDA NOS ÚLTIMOS 12 MESES POLOS ALUMNOS DO OBRADOIRO “TERRAS DE AZUL COBALTO”
Este mediodía tivo lugar a clausura oficial desta acción laboral-formativa posta en marcha co financiamento da Consellería de Traballo e Benestar
Ao acto, celebrado no centro social da Senra, asistiron o director xeral de Promoción do Emeprego, Andrés Hermida e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias.
Cervo, 6 de xullo de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, cualificou de “moi enriquecedora” a labor do Obradoiro de Emprego “Terras de Azul Cobalto” durante o acto da clausura oficial desta iniciativa laboral e formativa posta en marcha hai un ano pola Consellería de Emprego e Asuntos sociais da Xunta de Galicia.
A este acto de clausura e entrega de diplomas asistiron, ademais do alcalde, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e o director xeral de Promoción de Emprego da Xunta, Andrés Hermida Trastoy.
Na súa intervención, o rexedor cervense salientou a labor feita ao longo destes doce meses polo equipo de docentes e polos 27 alumnos distribuídos nos tres módulos dos que se compoñía este Obradoiro e agradeceu á consellería de Traballo e Benestar a súa implicación no fomento da formación para os traballadores desempregados. “Nos tempos nos que estamos é importante prover dunha formación de calidade ás persoas do noso concello que se atopan na difícil situación de ter que competir nun mercado laboral cada vez máis competitivo e onde a oferta laboral é moi limitada. Por iso, esta aposta feita pola Xunta de Galicia en Cervo abre as expectativas de futuro para as persoas que participaron neste Obradoiro”. Ao fío disto indicou tamén que ademais dos participantes, o propio municipio veuse tamén beneficiado con este Obradoiro “porque grazas ao traballo desenvolvido nel podemos dispoñer de novas infraestruturas de uso público como é este centro social da Senra, onde hoxe nos atopamos para facer entrega destes diplomas” indicou.
Por último, Villares sinalou que esta boa relación entre o Concello e Consellería de Traballo e Benestar se traduce noutros investimentos como a construción da futura residencia-centro de día que se está a facer en San Ciprián e adiantou que o grupo de Goberno local continúa a traballar na mesma liña “para conseguir traer máis accións formativas, de fomento do emprego e de políticas de benestar para todos os nosos veciños”.
A Consellería de Traballo investiu 651.741 euros neste proxecto do fomento da formación laboral. A súa oferta formativa compúxose de tres módulos con nove alumnos cada un (Albanelería, Medio Ambiente /Xardinería e Atención Socio-Sanitaria). O obxectivo fundamental deste obradoiro foi preparar a estas persoas para que poidan incorporarse de forma estable ao mercado laboral una vez rematada a súa formación.
NOTA DE PRENSA DA CONSELLERÍA
O obradoiro de emprego de Cervo formou e proporcionou traballo a 27 persoas cun investimento de mais de 570.000 euros
O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, clausurou hoxe o obradoiro da localidade lucense
Hermida subliñou que estas persoas non só saíron da situación de desemprego, senón que conseguiron mellorar a súa cualificación e empregabilidade de acordo ás necesidades do mercado laboral actual
O titular da área autonómica informou de que o orzamento que destina a Xunta este ano á mellora do emprego en Cervo é do triplo que no 2009: 654.000 euros
Cervo (Lugo), 6 de xullo de 2011.- O obradoiro de emprego “Terras de Azul Cobalto” de Cervo (Lugo) formou e proporcionou traballo a 27 persoas ao longo dun ano, cun investimento de máis de 570.000 euros. En concreto, nove participantes especializáronse albanelería; nove en mantemento de xardíns; e outros nove en atención sociosanitaria.
O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, clausurou hoxe este obradoiro e subliñou que estas persoas non só saíron da situación de desemprego, senón que conseguiron mellorar a súa cualificación e empregabilidade de acordo ás necesidades do mercado laboral actual. Ademais, “os resultados do seu labor reverteron, tamén, na mellora de diversas zonas e equipamentos do municipio de Cervo: desde os parques e áreas recreativas ata a residencia de maiores de Burela”.
Hermida, que agradeceu ao Concello a súa achega para facer posible o obradoiro, indicou que os programas mixtos de formación e emprego constitúen “unha excelente oportunidade de colaboración institucional para acadar unha dobre vantaxe”: a de mellorar a empregabilidade dos traballadores e traballadoras, atendendo ás potencialidades e oportunidades de cada territorio; e a de realizar obras e servizos de interese xeral, que reverten en melloras palpables para todos os veciños dun municipio.
A titular da área autonómica informou de que o orzamento que destina a Xunta este ano á mellora do emprego en Cervo é do triplo que no 2009: un total de 654.000 euros neste exercicio, porque no goberno galego “somos conscientes de que estes son tempos complexos, que requiren dunha acción coordinada, e que teñen como principal urxencia a recuperación do emprego”.
Por iso, e de acordo co diálogo social, “estamos a emprender a reforma da formación para o emprego, para facela máis eficaz e vinculala aos certificados de profesionalidade” e, ao mesmo tempo, “estamos a apoiar ás nosas empresas, para que teñan acceso ao crédito e para que poidan realizar investimentos que melloren a súa competitividade” porque, ao seu xuízo, “reforzar ás empresas é garantir a pervivencia dos empregos”.
Os obradoiros están dirixidos a persoas desempregadas de 25 anos ou máis, que estean inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Na selección de persoal valorouse, de xeito preferente, ás persoas desempregadas que tiveran esgotadas as súas prestacións.
A formación que reciben é de carácter fundamentalmente práctico, mediante a realización de obras ou da prestación de servizos de interese xeral ou social, que posteriormente facilitarán a integración no mercado laboral dos participantes. De feito, unha porcentaxe próxima ao 80 por cento atopa traballo nun curto prazo de tempo, na mesma especialidade na que se formaron.
Con todo, hai que salientar que, ademais da propia formación profesional, durante toda a duración do proxecto proporcionarase aos alumnos traballadores outros contidos formativos, como pode ser a orientación e asesoramento profesional, empresarial e laboral.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



