Nota de prensa:
TALLER DE MEMORIA EN XOVE
Hoxe, en horario de 10:00 a 11:30 horas, comezou a primeira sesión do TALLER DE MEMORIA EN XOVE, actividade dirixida a persoas maiores de 60 anos que desexen mellorar a súa memoria. Para isto, a profesora do Taller Angélica Casabella, ensínalles unha serie de técnicas que os asistentes poden poñer en práctica dunha maneira fácil na súa vida cotiá.
Ao taller apuntáronse 29 persoas, algúns procedentes da Escola de Maiores e outros novos que asisten por primeira. O lugar onde se celebra o taller é o Centro de Día, ubicado nun baixo da Residencia de San Bartolomeu. O horario é de 10:00 a 11:30 horas de luns a venres.
As 29 persoas, por cuestións de operatividade, están divididas en tres grupos de 10. Cada taller dura 8 sesións, con dúas sesións á semana no caso dos dous primeiros grupos. O grupo A vai os luns e xoves, o grupo B os martes e venres e o grupo C os mércores. Este último grupo, onde están incluidos as persoas máis maiores, acude só os mércores, polo que o seu taller vaise desenvolver os meses de xullo e agosto.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



