NOTA DE PRENSA:
EXPOSICIÓN PALABRA E MEMORIA
De 24 de xullo a 6 de agosto de 2011
Casa da Cultura
Ferreira do Valadouro
PALABRA E MEMORIA
Palabra e Memoria é unha actuación veciñal destinada a localizar, catalogar e estudar en profundidade o patrimonio inmaterial das nove parroquias do Concello do Valadouro. Con esta manifestación de compromiso comunitario e altruísta, a asociación cultural Fraga das Lerias pretende transmitir vitalidade ao noso idioma milenario.
Síntese da creatividade artística de María Mon Geada, coa colaboración de Xosé Blanco; do esforzo investigador de Alba García Pico; e, moi especialmente, da inmensa paixón e cariño de máis de vinte familias, Palabra e Memoria é Lingua Viva, vigoroso instrumento de recordo da Historia feita polos que nos precederon e vínculo integrador para nacidos e achegados a esta terra.
ACTIVIDADES
Domingo, día 24 de xullo:
Ás 20:00 horas: INAUGURACIÓN
*Proxeccións audiovisuais (no auditorio)
*Visita guiada por Alba García Pico
*Intervencións de: Edmundo Maseda, Xosé Blanco, representantes da Deputación, representante do Concello.
Sábado, día 30 de xullo:
ás 19:00 horas: Recordo ao músico Eladio Maseda (no cemiterio de Moucide)
ás 20:00 horas: Propósito de enmenda. Rectificación da historia. (Ofrenda floral no cemiterio de Santa Cruz en lembranza das vítimas do “Crime do Valadouro”. Intervencións de Luís García Rubal (concelleiro do Valadouro), Miguel Vila Pernas (escritor) e Primitivo Iglesias Sierra (alcalde da Pastoriza)
ás 21:00 horas. Mesa-Redonda: Palabra e Memoria. Intervencións de diversas representacións das familias autoras dos textos recollidos na exposición. (No Auditorio da Casa da Cultura)
LINGUA VIVA
Á primeira vista, a biografía de Xusta G. Regueira e Ramón Rei Gómez é moi “do común”, tanto que non tería sentido facerlles agora unha semblanza. Ambos naceron nunha parroquia do rural -nas montañas do Cadramón, nos lindes do Valadouro- e fixérono no mesmo ano (1919). Un día, a filla do emigrante en Cuba e o fillo do carpinteiro de Rego Cavado casaron e foron vivir á casa de Ramón. Do novo matrimonio naceron un fillo e dúas fillas, que medraron no Cadramón, mesma casa en que hoxe viven os seus descendentes que non emigraron á capital do Estado (como fixeron a maioría).
Non foi nada xusta a vida con Xusta G. Regueira, que morreu como consecuencia dunha simple operación ocular cando contaba con só 55 anos. Dese xeito, o seu marido foi “viúvo de morta” e tivo que facer de pai e de nai. “Fíxoo de xeito inmellorable; demostrou fortaleza e valentía para afrontar os problemas que lle deparou a vida”. Quen así se expresa é a súa neta Cristina, que recupera a memoria de Xusta e Ramón en clave épica, orgullosa de se manifestar da súa estirpe.
Cristina, unha moza de vinte e poucos anos, traballadora do sector madeireiro, cóntalle esta historia a Alba García Pico, unha intérprete de case a súa mesma idade e nacida tamén no concello do Valadouro. Alba decidiu coñecer en profundidade o grao de vitalidade do idioma galego no termo municipal que ambas as mozas comparten. Fíxoo dun xeito singular: colleu unha cámara fotográfica e dispúxose a visitar os dez cemiterios das nove parroquias; pretendía fotografar a lingua, buscar manifestacións de vida xustamente naqueles recintos tan relacionados coa morte e despois facer inmersión no factor humano. Así chegou ao Cadramón e encontrou a mensaxe de agarimo que Cristina redactou para a permanente lembranza dos seus. Eran palabras sobranceiras, o único raio de luz entre máis de cen lápidas de persoas que sempre falaron en galego. Alba non se decepcionou porque só representasen algo menos do 1%. Todo o contrario. A lectura da mensaxe encheuna de emoción e de optimismo; o encontro con Cristina -inicialmente virtual- resultoulle reconfortante e deulle ánimo para continuar a viaxe polas restantes parroquias.
Salvo nunha, en todas elas encontrou vivas manifestacións do idioma común. Sempre pouquiñas, especiais, preferentemente colocadas no século XXI por persoas de entre vinte e corenta anos con formación académica medio-alta.
A iniciativa de Alba non pasou desapercibida para o vecindario. Os integrantes da asociación ambientalista Fraga das Lerias fixéronlle unha magnífica proposta: preparar unha exposición iconográfica e textual dese patrimonio.
Exposición
O traballo de investigación de Alba García Pico foi complementado pola fotógrafa local María Mon Geada, que realizou numerosas fotografías con calidade artística de todo este patrimonio documental do Valadouro. Unha selección destas instantáneas, acompañada de textos explicativos, será exposta entre os días 24 de xullo e 6 de agosto na Casa da Cultura da localidade de Ferreira.
No acto de inauguración, previsto para as 8 da tarde do próximo domingo, día 24 de xullo, está previsto o visionado de diversas proxeccións audiovisuais realizadas polo director cinematográfico Matías Nicieza. Posteriormente intervirán Edmundo Maseda (presidente do colectivo organizador), o deseñador Xosé Blanco (colaborador gráfico da exposición) así como representantes da Deputación de Lugo e do Concello do Valadouro.
Próposito de enmenda
Para o sábado, día 30 de xullo, están programados diversos actos relacionados con esta actividade de dinamización cultural. Ás 7 da tarde, no cemiterio da parroquia de Moucide, realizarase un íntimo acto de recordo ao músico Eladio Maseda (mestre, intérprete en orquestras e introdutor do acordeón nas festas das localidades da Mariña). Unha hora máis tarde (ás 20:00) en Santa Cruz do Valadouro realizarase outro acto singular, ao que a organización dá o suxerente título “Propósito de enmenda. Rectificación da historia”. Trátase dun acto de irmandade entre as terras do Valadouro e da Pastoriza en lembranza das vítimas do “Crime do Valadouro”, no que o cura de Santa Cruz e os seus criados perderan a vida durante un asalto á rectoral (1888). Os protagonistas, orixinarios destes dous concellos, serán recordados polo alcalde do concello pastoricense – Primitivo Iglesias- e polo escritor Miguel Vila, autor dunha novela que recrea aqueles acontecementos. Actuará como presentador o concelleiro local Luís García Rubal.
Ás nove da noite, a Casa da Cultura acollerá unha mesa-redonda entre unha representación das vinte familias protagonistas do patrimonio documental recollido. A súa coordinación estará a cargo da investigadora Alba García Pico.
Actuación transformadora
Con esta intervención cultural, a asociación Fraga das Lerias pretende contribuír á conquista de novos ámbitos de uso para o idioma galego. Despois da fase de localización, catalogación e estudo do patrimonio documental, preténdese manter unha actuación estable co obxectivo de alcanzar unha transformación dos costumes, de xeito que a poboación incremente o uso do galego na expresión escrita. Para iso, tanto durante a fase de investigación como na de montaxe da exposición xa entraron en contacto con diversos axentes sociais moi estreitamente implicados na comunicación estudada (familias, marmoristas, sacerdotes, floristerías e tanatorios).
Proceso que supera o ámbito local
Para realizar o traballo de campo, a investigadora Alba García Pico documentouse e seguiu a metodoloxía do Modelo Burela de planificación Lingüística, moi especialmente apoiada polas mostras documentais realizadas por Matías Nicieza.
A intervención coñecida como “Modelo Burela” está sendo posta en práctica desde o ano 2005 e polo momento deu uns resultados moi satisfactorios, tanto na súa localidade orixinal como no Vicedo, onde foi posta en práctica pola profesora Aida López Vale.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



