Nota de prensa:
O BNG CRITICA QUE O CONCELLO DE BARREIROS RENUNCIE A MÁIS DE 10 MILLÓNS DE EUROS DE APROVEITAMENTO URBANÍSTICO, CARTOS QUE CORRESPONDEN Á CESIÓN OBRIGATORIA DO 10% POR PARTE DAS PROMOCIÓNS INMOBILIARIAS.
Barreiros, 28 de xullo de 2011. O BNG advirte de que o Concello de Barreiros renuncia a máis de 10 millóns de euros de aproveitamento urbanístico, cartos que corresponden á cesión obrigatoria do 10% por parte das promocións inmobiliarias. Os nacionalistas critican que as administracións vaian investir cartos públicos en beneficio dos promotores privados en Barreiros.
Desde o BNG lembran que “nos pasados días vén de coñecerse o acordo do Consello de Goberno da Xunta de retirar 21 contenciosos abertos contra urbanizacións ilegais no concello de Barreiros. Este acordo foi agochado, xa que non se deu conta del e nin sequera aparece recollido no resumo de acordos que se fai público”. Os nacionalistas valoran este feito como “unha actuación con nocturnidade. Parece que a Feijoo se lle atraganta o caso de Barreiros, non quere oír falar del e evita ata mencionalo”. Para os nacionalistas este modo de actuar pode vir dado porque “as cousas non estean tan claras como pretenden facernos crer. A Xunta decide retirar os contenciosos, pero se tiveran tan seguro que todo está ben, que todo é axustado a dereito, non deberían ter medo nin das decisións que adopten nin de que fora a xustiza a que determinara o resultado final. Igual é que saben que o que están facendo é legalizar, con cartos de todas e todos, urbanizacións ilegais”.
Desde o BNG de Barreiros aproveitan tamén para puntualizar varias cuestións que se están publicitando estes días, “coa retirada dos contenciosos non se está solucionando o problema urbanístico que ten Barreiros. O urbanismo en Barreiros, e no resto do mundo, regúlase cun Plan Xeral. O que se está facendo con este Plan Sectorial é solucionar o problema de certos promotores privados. Porén, a normativa que segue vixente en Barreiros son as normas provisionais dictadas pola Xunta no 2007, co cal a posibilidade de construir no resto do concello (sacadas as urbanizacións privadas para as que se fai o plan) seguirá sendo a mesma que ata o de agora, mentras non se aprobe o Plan Xeral. Polo tanto, o que se está facendo é utilizar cartos públicos para dotar de servizos, e así legalizar promocións privadas que foron construídas ilegalmente por carecer dos servizos básicos”. No Bloque Nacionalista Galego consideran que “con está decisión afóndase no mantemento dun modelo que xa se mostrou insostible, tanto na súa xénese como no seu desenvolvemento. E o peor é que se aposta por este modelo poñendo enriba da mesa para avalalo cartos públicos, das veciñas e dos veciños”.
Outro punto no que os nacionalistas insisten é en desacreditar que este plan vai a ser a solución a todos os problemas existentes no Concello: de diñeiro, de emprego… “Con esta actuación non só se invirten cartos públicos en beneficio dos promotores privados, senón que se renuncia á cesión obrigatoria do 10% por parte das promocións, co que poderíamos estar falando da renuncia a máis de 10 millóns de euros de aproveitamento urbanístico. Non se trata só de valorar o que se ten deixado de percibir por licenzas (que é no que se basea a alcaldía para xustificar calquera problema que xurde no concello), senón que hai que ser capaces de valorar cales son as dotacións que debería ter Barreiros de ter actuado aténdose á legalidade”, conclúen os nacionalistas.


















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



