DOA retorna á Mariña
Actuará no Eido Dourado, espazo artístico e cultural xerido polo artista Celso Dourado no concello de Barreiros.
No concerto, o 31 de xullo ás 22h, presentarán o seu último traballo, A fronda dos cervos.
Tocarán fronte ás mesmas praias que hai máis de trinta anos testemuñaron o nacemento daquel traballo que marcaría un antes e un despois na música galega. Será no Eido Dourado, espazo construído polo pintor Celso Dourado con materiais recollidos do mar, fronte á praia das Pasadas, na parroquia de San Miguel de Reinante, no concello lugués de Barreiros. Un espazo que ademais de albergar a exposición permanente do propio Dourado, acollerá a partir dagora unha serie de eventos culturais cos que o artista mariñao pretende dinamizar a comarca e darlle vida ao concello máis alá do turismo de sol e praia, e a pesar do crecemento urbanístico descontrolado que ten padecido nos últimos anos. Precisamente no mesmo concello de Barreiros, na parroquia de Celeiro de Mariñaos, Xoan Piñón e Bernardo Martínez compuxeron e arranxaron os temas do seu primeiro traballo, aquel memorábel O son da estrela escura. Corría o ano 1978 e moitos veciños da parroquia miraban con desconfianza aqueles mozos “con pinta de hippies ou de comunistas”.
O grupo retorna agora á Mariña para presentar o seu último disco, froito de seis anos de traballo, e con algunhas modificacións na formación orixinal. Aos veteranos Piñón e Martínez únense a voz da suprano Susana de Lorenzo e a zanfona de Óscar Fernández, nun disco, A fronda dos cervos, que supón unha volta ao estilo orixinal da banda.
A partir das 22h do domingo 31 de agosto, nos xardíns do Eido Dourado, o grupo interpretará os temas deste último disco, inspirados nas cantigas da lírica medieval galego portuguesa, xunto con outras pezas da súa discografía.
Nota de prensa 2/2
OS XARDÍNS DO EIDO DOURADO ACOLLERÁN O VINDEIRO DOMINGO UN CONCERTO DE DOA NO QUE SE MESTURARÁ A MÚSICA, A PAISAXE E A ARTE. SERÁ A PARTIRES DAS DEZ DA NOITE. O ACTO É LIBRE E GRATUITO.
Barreiros, 27 de xullo de 2011. Os xardíns do Eido Dourado na praia de A Pasada acollerán o vindeiro domingo un concerto de Doa. Será a partires das 22 horas, segundo daba a coñecer no día de hoxe o artista barreirense Celso Dourado.
Dourado explicou que “o acto vai consistir nun concerto presentación do grupo Doa na Mariña luguesa co seu novo disco. Vai ser un concerto mesturando arte, paisaxe e música. Vaise desenrolar nos xardíns do Eido Dourado, se o tempo o permite, e será a partir das dez da noite”. O artista barreirense sinalou que “eleximos esa hora porque é entre lusco e fusco. A luz vai ser moi importante nesta actuación, que vai ser para escoitar, para sentir, e a iluminación tamén vai formar parte deste concerto”.
Celso Dourado contou que “Doa e un grupo histórico na música de Galiza. Practicou diferentes musicas, é un grupo cunha formación absolutamente sólida, todos peinan canas. É un grupo que se iniciou nos anos 70, da sua formación saiu xente como Miro Casabella, histórico de Voces Ceibes, e outros tantos músicos. Ao longo dos anos apareceu e desapareceu do escenario musical, pero sempre deixando unha pegada moi importante. Con motivo da sua volta fixeron un disco realmente precioso coa súa cantante, Susana de Lorenzo, acompañada do harmonium, que realmente é impresionante. É un grupo ideal para escoitar”. E engadiu que “Doa está formado por músicos dunha longa traxectoria: Susana de Lorenzo, que pon a voz acompañada do harmonium; Bernardo Martínez, un histórico da música de jazz e que toca a percusión, clarinete e frautas; Xoán Piñón, que é un artista moi recoñecido da fotografía e un apaixoado da música, que toca as guitarras eléctrica e acústica; e o profesor Óscar Fernández, que acompaña coa zanfona. É unha formación realmente impresionante”.
O concerto é libre e gratuito. Dourado manifestou que “nos xardíns do Eido Dourado prima a composición e non a cabida de xente. Pero pode albergar unhas 70 persoas sentadas e algunhas máis de pe. É evidente que este é un concerto para escoitar, polo que máis de cen persoas estaríamos incómodos. O concerto é gratuito e aberto ao público en xeral. Aquelas persoas que queiran escoitar unha boa musica invitoos a asistir este domingo pola noite ao Eido Dourado”.
Celso Dourado agarda “organizar algún concerto máis en agosto”.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



