NOTA DE PRENSA.
A ACD PENALBA E O COLECTIVO CHILINDRÍN informan en relación coas actividades levadas a cabo como consecuencia das Festas Patronais e do Mar de Celeiro 2011:
I CAMPIONATO VOLEI-PRAIA.
xoves 21 de xullo tivo lugar na Praia de Celeiro a final do I Campionato de Volei-Praia.
A gran final disputárona os equipos formados por Bernardo e DJCanu contra Karchi e Peloto, saindo gañador, tras unha longa loita, Peloto e Karchi.
MÚSICA NA RÚA.
A continuación da final de volei Praia tivo lugar nos baixos da Cofradía de Pescadores de Celeiro o concerto do grupo viveirense FROM LOST TO THE RIVER ao que asistiron unhas 300 persoas.