Nota de prensa
Rego reclama a comparecencia do Conselleiro trala retirada dos recursos da Xunta
OS SOCIALISTAS DIN QUE A SITUACIÓN URBANÍSTICA DE GALICIA “CAMIÑA CARA O CAOS”
-O portavoz de Territorio e Urbanismo do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Ismael Rego afirma que a disciplina urbanística da nosa Comunidade “esta soterrada nun burato negro, xa que voltou a lexislación á carta, presidida pola discrecionalidade na súa aplicación”
-Asegurou que a Xunta coa retirada dos contenciosos“esta realizando unha autoinculpación fraudulenta da propia administración”
-Quere coñecer “si agora en Galicia esta implantada a barra libre”, no que ten que ver coa aplicación da lexislación urbanística “xa que polas actuacións que esta levando adiante a Xunta de Feijoo vemos que é así”
-Afirmou “que os promotores teñen o camiño aberto para reclamar indemnizacións”, si se chegan a producir a retirada dos contenciosos
-Esixiu a Feijoo que pida desculpas aos cidadáns de Galicia “polo aprobación do PXOM de Ourense”, cando era o responsable máximo do urbanismo en Galicia
Santiago, 1 de agosto de 2011. O portavoz de Territorio e Urbanismo do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Ismael Rego reclamou hoxe en rolda de prensa a comparecencia do Conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras para explicar a situación urbanística de Galicia. Ademais rexistrou dúas interpelación para esixir información sobre a situación de Barreiros.
Rego dixo que a situación de Galicia “camiña cara o caos urbanístico”. Lembrou que a lexislación urbanística de Galicia, que data do ano 2002, sufriu 5 modificacións, e lamentou que a día de hoxe “non se procedeu o seu desenvolvemento regulamentario”, algo que cualificou como “moi chamativo”, e insistiu “ por eso hoxe en Galicia temos a situación que temos”.
Subliñou que a disciplina urbanística da nosa Comunidade “esta soterrada nun burato negro, xa que voltou a lexislación á carta, presidida pola discrecionalidade na súa aplicación”. Explicou que a aplicación da normativa realizase para dar cobertura a incumprimentos da legalidade, con sentencia firmes e que supoñen gravísimas agresións ao territorio, e inseguridade xurídica para os cidadáns.
Nese senso denunciou o descabezamento da APLU “para poñela ao servicio partidario do PP, e tamén aos caprichos do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e do Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras”, sentenciou.
O deputado do PSdeG-PSOE advertiu da retirada de contenciosos urbanísticos “postos pola propia Xunta de Galicia”, e puntualiza “pero solo en determinados concellos da Comunidade”. Por iso quere coñecer “si agora en Galicia esta implantada a barra libre”, no que ten que ver coa aplicación urbanística “xa que polas actuación que esta levando adiante a Xunta de Feijoo vemos que é así”, espetou.
14 millóns de euros do peto de tódolos galegos
Asegurou que a Xunta con esta estratexia “esta realizando unha autoinculpación fraudulenta da propia administración”. Puxo como exemplo o Concello lucense de Barreiros donde viven 3203 persoas, e donde se deron licencias, a maioría de xeito irregular, para 5.800 vivendas. Rego afirma os servicios básicos nesta vila “tiñan que ser realizado polos promotores destas vivendas”, e lembrou que a previsión de poboación neste municipio lucense é de 23.500 habitantes. Denunciou que os 14 millóns de euros van a ser sufragados por tódolos galegos.
O portavoz de Territorio e Urbanismo do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia preguntou que intereses ocultos esconde o Partido Popular. A maiores afirmou “que os promotores teñen o camiño aberto para reclamar indemnizacións á administración autonómica”. E resumiu “Feijoo e o Conselleiro estanse metendo en algo moi serio”. Dixo que esta decisión crea un “gravísimo precedente económico, de agresión ao territorio e de inseguridade xurídica”.
Libros de texto gratuítos
Rego lanzou unha proposta e anunciou que os 14 millóns de euros poderían ser investidos en sufragar os libros de texto gratuítos para os nenos de primaria e secundaria de Galicia.
Tamén aludiu a situación de Fisterra “donde hai unha situación parecida”. “Estanse construíndo vivendas sen servicios básicos en lugares indebidos”, replicou. Dixo que hai intereses persoais e partidarios como en Barreiros “aquí hai de todo”.
O deputado socialista tamén fixo alusión ao PXOM de Ourense. Explicou que é a primeira cidade de España “que a Xustiza (Tribunal Supremo e Constitucional) botou abaixo o Plan Xeral porque non cumpría coa legalidade vixente”. Lembrou que sendo Conselleiro de Política Territorial o actual Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, os planos expostos publicamente no Concello de Ourense non se corresponden cos aprobados. E criticou que Feijoo “asinou estes planos sabendo que non eran os mesmos que se expuxeran publicamente en Ourense”, xa que asegura que tiña unha acta notarial advertíndolle desta situación. Por iso esixiu a Feijoo q ue “pida desculpas aos cidadáns de Galicia”.
Por ultimo reclamou que os cambios na lexislación urbanística se fagan por acordo dunha maioría reforzada, e lamentou o papel (APLU), xa que denuncia que “se limita a actuar en temas particulares e non contra os grandes”.