Nota de prensa
Aberta a solicitude das 1.350 prazas subvencionas nos balnearios de Guitiriz, Pantón e Palas de Rei
– Son as localidades que oferta a Deputación con “Saúde e Benestar no Camiño de Santiago”, a programación que facilita o acceso ós tratamentos termais e reactiva a economía da provincia, impulsando os servizos hostaleiros situados a carón das rutas de peregrinación
– Logo de esgotar as 50 prazas de agosto no balneario da capital, a institución ofrece descontos de 40 euros por persoa para as instalacións de Guitiriz, Pantón e Pambre
– Todos os lucenses maiores de 50 anos poden facer a súa inscrición no 982-260-075
A Deputación abriu o prazo de inscrición das 1.350 prazas que dende setembro e ata decembro subvencionada a institución nos balnearios de Guitiriz, Pantón e Palas de Rei. Son as localidades dirixidas para lucenses maiores de 50 anos, ofertadas con “Saúde e Benestar no Camiño de Santiago”. Trátase da programación que, tal e como indica o seu nome, combina saúde, benestar e turismo co fin de facilitar o acceso ós tratamentos termais e reactivar a economía da provincia, impulsando os servizos hostaleiros situados nas rutas Xacobeas de Lugo e reivindicando que hai vida máis alá do Ano Santo. Todos os interesados poden solicitar unha das prazas chamando ó número de telefono habilitado polo organismo provincial: 982-260-075
Logo de esgotar as 50 localidades coas que contaba o Balneario de Lugo Termas Romanas durante o mes de agosto, a institución, que distribúe as prazas en función das posibilidades de cada instalación, oferta agora as seguintes: Balneario Oca Río Pambre, 104 prazas; Guitiriz Hotel Balneario & Golf Club, 450 prazas; Oca Augas Santa Balneario Golf Resort, 800 prazas; Casas de Turismo Rural na Ulloa, Terras do Miño e Ribeira Sacra, 346 prazas.
Os descontos de “Saúde e Benestar no Camiño de Santiago” son de 40 euros por persoa, aplicables dende setembro e ata decembro nos paquetes acordados cos balnearios:
– 6 días con 5 noites de estancia
– 5 pensións completas con comidas e ceas incluídas
– día de entrada domingo: cea e aloxamento
– día de saída venres: almorzo e xantar
– 2 técnicas de balneario durante 4 días
– 1 recoñecemento médico
– programa de animación sociocultural de luns a xoves, ambos os dous días incluídos.
7 millóns de euros
Lugo conta con 4 balnearios situados a pé dos Camiños Primitivo, Norte, Francés e de Inverno que, segundo datos dos propios establecementos, reciben ó ano 120.000 persoas, xerando un volume de negocio de 7 millóns de euros. As mesmas fontes indican, que estas instalacións xeran máis de 200 postos de emprego directos na provincia. Na tempada alta, que transcorre dende marzo a setembro, esta cifra ascende ós 300. A maiores, ó situarse en zonas rurais, os balnearios contribúen ó asentamento poboacional. Deste xeito, con esta iniciativa, que conta cun presuposto de 60.000 euros, a Deputación contribúe a manter centos de traballos na provincia, facendo fronte ó despoboamento demográfico.
“Saúde e Benestar no Camiño de Santiago”xurdiu logo da celebración do Congreso de Turismo “Destino Lugo” no que prestixiosos expertos a nivel internacional e nacional avaliaron a situación deste sector na provincia e definiron alternativas de futuro, tendo en conta que o sector turístico representa o 40% da riqueza do país e que Lugo foi a provincia galega que, cun 16,19%, experimentou o maior incremento no número de visitantes durante 2010. (Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, esta porcentaxe foi do 14,45% na Coruña, 9,80% en Pontevedra, e 3,60% en Ourense). É por iso, que unha das principias conclusións do Congreso foi que hai vida despois do Xacobeo polo que cómpre impulsar alternativas para continuar coa posta en valor dos 800 quilómetros de rutas de peregrinación lucenses e así seguir reactivando a economía da provincia.






















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



