Nota de prensa
GONZÁLEZ BARCIA PLANTEXÓULLE A GÓMEZ BESTEIRO A REALIZACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DA PUIDA. O ALCALDE LEMBRA QUE A DEPUTACIÓN TEN ASUMIDO O COMPROMISO DESDE 2006 E AGARDA QUE SUPLUSA COMECE CANTO ANTES OS TRÁMITES PARA PODER ACOMETER A OBRA.
Burela, 16 de agosto de 2011. O alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, plantexoulle ao presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, na visita que este fixo hoxe ao Concello de Burela, a necesidade de que a institución provincial acometa a realización das obras do parque empresarial de A Puida.
Este parque empresarial, segundo Barcia e segundo os propios presupostos da Deputación, “foi asumido por SUPLUSA como previsión de actuación en 2006, cun investimento de seis millóns de euros. Dita previsión aparece nos presupostos da Deputación, no que a SUPLUSA se refire, desde 2007, últimos presupostos elaborados polo equipo de goberno do PP, e tamén aparece nos presupostos do presente ano 2011”. “De feito -asegurou González Barcia- a Deputación encargou unha modificación puntual das normas subsidiarias na zona de A Puida-Cardoxe, que foi remitida á Xunta desde a Deputación o día 2 de maio de 2007, e ao Concello tamén desde a propia Deputación o 8 de maio de 2007. Desde entón, non se volveu a facer ningún trámite ao respecto”.
Para o alcalde de Burela, “esta actuación, que contempla o desarrollo de cáseque douscentos mil metros cadrados e a realización dun vial de acceso, é imprescindible para asentar empresas, asentar emprego, e poñer a Burela na liña de saída cando se comence a ver a luz ao remate da crise económica que estamos a vivir. Polo tanto, é lóxico que o alcalde de Burela lle pida ao presidente da Deputación que faga realidade o compromiso que a Deputación, a través de SUPLUSA, asumiu no seu día con esta actuación, máis ainda tendo en conta a aposta que fai Gómez Besteiro pola creación de emprego e polo fomento da empresa. Agardamos que a nosa petición non caiga en saco roto”. Barcia agarda que Gómez Besteiro se pronuncie en breve sobre esta actuación.
Noutro orde de cousas, o rexedor de Burela considera “moi importante a aportación dun millón de euros por parte da Deputación ao Concello de Burela dentro do Plan Extraordinario de Obras, aínda que considero que a Deputación debería ter elaborado no seu día un protocolo para incluir obras que supuxeran milloras reais e substantivas e non actuacións en certa medida destinadas a cubrir o expedente”.
González Barcia calificou de constructiva e moi cordial a visita de Besteiro a Burela, “e estou seguro de que por aí irán as relacións entre o Concello e a Deputación. Por parte do Concello de Burela vai haber unha aposta decidida pola lealdade institucional, demandando aquelo que nos parece xusto con argumentos de peso, e confío en que a Deputación saiba ver no noso concello a un dos polos máis dinámicos e con máis futuro que hai xa non só na Mariña senón en toda a provincia”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



