Nota de prensa
REMATAN OS “ENREDOS DE VERÁN” CUNHA FESTA PARA TODOS OS NENOS E NENAS QUE PARTICIPARON NESTA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLO CONCELLO NOS MESES DE XULLO E AGOSTO
* A cita foi na Praza dos Campos de San Ciprián e consistiu en atraccións inchables e unha festa da espuma
Cervo, 26 de agosto de 2011.- Hoxe tivo lugar na Praza dos Campos de San Ciprián a festa de clausura das actividades lúdico-educativas “Enredos de Verán”, deseñadas conxuntamente polas concellerías de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cervo durante os meses de xullo e agosto destinadas aos nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade.
Na festa participaron unha boa parte dos aproximadamente 90 nenos e nenas de entre 4 a 12 anos que participaron nestes dous meses nos distintos obradoiros e actividades levados en distintos lugares do municipio. A celebración deu comezo ás 12.00 do mediodía e a ela asistiu o alcalde, Alfonso Villares, asi como outros membros do equipo de Goberno municipal. Durante os actos -nos que os nenos puideron gozar de atraccións inchables e unha festa da espuma- tamén se aproveitou para repartir diversos agasallos entre tódolos nenos inscritos nesta edición dos “Enredos de Verán”.
Os “Enredos de Verán” foron actividades de carácter gratuíto subvencionadas na súa integridade polo Concello de Cervo nas que participaron ao redor de 90 nenos e nenas do municipio. Desenvolvéronse de luns a venres en horario de mañá e ían dirixidas a nenos e nenas nacidos entre os 4 e os 12 anos de idade. Entre a programación deseñada figuraron actividades coma xogos inchables, obradoiros de pintura, pesca, xogos tradicionais e na praia, sendeirismo, xincanas, castelos de area, multideporte, manualidades, festas de disfraces, etc…




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



