NOTA PRENSA
O grupo municipal do Partido Popular quere denunciar ante os medios de comunicación o sucedido na tarde do martes 10 de agosto, cando na sesión Constitutiva da Mancomunidade de Municipios da Mariña a concelleira do PP, Mª del Campo L. Braña, non puido tomar posesión do seu cargo como representante do Concello de Ribadeo ao non terse remitido dende o nóso Concello á Mancomunidade a correspondente certificación plenaria na que consta a sua elección na ultima sesión de pleno.
Se ben estamos ante un defecto de forma que poidera resultar excusable, entendemos que non se trata calquer defecto, pois a participación activa na mancomunidade de Municipios dende o principio é de especial relevancia ao fin de poder ser parte e participar de todas las decisións que ali se adopten e que poidan redundar nunha mellora na prestación de servicios para o noso Concello.
É obriga do Concello, e do seu Alcalde, dar cumprimento ás formalidades legais e administrativas que permitan a participación dos Concelleiros nos distintos órganos nos que ten representación o Concello de Ribadeo, e, se ben é certo que o Alcalde está no seu dereito de elexir participar ou non naqueles órganos que estime, non é menos certo que é a sua obriga permitir e facilitar que os outros concelleiros poidan exercitar ese mesmo dereito.
Dende o PP pedímoslle ao Alcalde que, ainda estar no verán se deixe de tanta festa e de tanto preocuparse por sair na foto, e se adique máis a traballar dende e para Ribadeo, facendo valer a representación que cada un dos Grupos Políticos a través dos seus Concelleiros ostentan no Concello, e que son reflexo dunha parte importante da poboación de Ribadeo, que ten dereito a que os seus intereses se vexan defendidos por aqueles nos que depositaron a sua confianza.


















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



