Nota de prensa:
CURSO BÁSICO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (55 horas)
A Confederación Intersindical Galega (C.I.G.) a través do seu Gabinete Técnico de Prevención de Riscos Laborais vai impartir un Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais de 55 horas de duración dirixido tanto a traballadores e traballadoras en activo como desempregados/as.
Dito curso está homologado pola Consellaría de Traballo e é de carácter gratuíto, celebrarase durante os meses de setembro a novembro en BURELA, nun horario compatible coa xornada laboral co fin de facilitar a participación no mesmo.
A través deste curso os traballadores e traballadoras adquiren os coñecementos básicos en materia de P.R.L. e cumpren cun dos requisitos necesarios para poder exercer nas súas empresas coma Delegados/as de Prevención.
Dende a C.I.G. de A Mariña queremos animar aos traballadores/as a que realicen este curso pois entendemos que no Mercado Laboral actual o incumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais é unha constante, coma consecuencia, entre outros factores, da precariedade, polo que é necesario que a clase traballadora coñeza os seus dereitos e as súas obrigas en materia de Prevención xa que está en xogo a súa integridade física, a súa saúde e incluso a súa vida.
Todos aqueles traballadores e traballadoras que desexen facer o curso deben pasarse polos locais da C.I.G. da Mariña ou chamar ós telefones Nº 982 581 861 / 982 561 541.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



