A Conselleria cifra no 21´9% a incidencia da folga, e agradece a actitude responsable de todo o profesorado
Administración educativa fai un chamamento ao diálogo “para que os paros non prexudiquen aos alumnos”
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2011.- O director xeral de Centros, José Manuel Pinal informou hoxe que segundo os datos que manexa a administración educativa, a folga convocada polos sindicatos do ensino foi seguida por un 21,98 % dos docentes, dos que 29% o seguiron en primaria e o 15% en secundaria. O seguimento foi similar nas catro provincias galegas. Así, na Coruña foi do 20,4%, en Lugo do 16,6%, en Ourense do 25,6%, mentres que en Pontevedra foi do 24,5%.
O responsable educativo agradeceu “a responsabilidade dos docentes que permaneceron maioritariamente nas clases atendendo aos rapaces”. Ademais, a Consellería valora o comportamento de todo o colectivo que fixo posible tanto o respecto ao dereito a folga como a normalidade nas aulas. José Manuel Pinal engadiu que a escasa incidencia da folga demostrou que o gran maioría do profesorado e da sociedade non comparte os motivos que levaron a convocatoria da folga “que en nada redunda na calidade educativa nin no beneficio dos escolares galegos”.
Pinal Rodríguez fixo un chamamento a retomar o diálogo cos sindicatos e apelou á súa responsabilidade para que desconvoquen a segunda xornada de folga fixada para o vindeiro martes “para así poder traballar xuntos na mellora da calidade educativa dende unha xestión que estamos obrigados a facer eficientemente”. O seu xuízo, “os profesores nas clases, os pais e a comunidade educativa no seu conxunto debemos de loitar todos xuntos pola calidade do ensino e en beneficio das nenas e nenos galegos, que é polo que todos estamos a traballar”.
O director xeral lembrou que a ampliación da xornada lectiva non supón en ningún caso que o profesorado teña que traballar máis. Pola contra, dixo que grazas a medida adoptada –que equipara en horas lectivas aos docentes galegos co 80% dos de toda España- a comunidade educativa disporá de 60.000 horas máis á semana para atender aos nenos e nenas con máis necesidades ou dificultades de aprendizaxe.
Neste senso recordou que a decisión de reorganizar o horario lectivo non aumenta a xornada laboral dos mestres senón que simplemente reestrutura o seu horario lectivo en beneficio da calidade do ensino. Deste xeito recupérase a xornada lectiva que en 2007 foi modificada a través dun acordo entre o goberno bipartito.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



