Nota de prensa:
A DEPUTACIÓN APROBA A INICIATIVA DO BNG DE INSTAR Á XUNTA PARA QUE ENTRE NO ACCIONARIADO DE NCG GARANTINDO A SÚA GALEGUIDADE
O pleno aprobou a moción do BNG para instar á Xunta de Galiza a que tome unha participación accionarial en NCG Banco a cargos dos orzamentos da Goberno Galego, a fin de garantir a galeguidade da entidade e o seu carácter público
A Xunta de Galiza elimina ao mirador de Mondoñedo o carácter de estabelecemento turístico
Lugo, 27 de setembro de 2011. Esta mañá o Pleno da Deputación aprobou, cos votos en contra do PP, a iniciativa presentada polo Grupo Provincial do BNG na que solicita que o ente provincial inste á Xunta de Galiza a que tome unha participación accionarial en Nova Caixa Galicia Banco a cargos dos orzamentos da Goberno Galego, a fin de garantir a galeguidade da entidade e o seu carácter público.
Mario Outeiro, portavoz do Grupo Provincial do BNG de Lugo, amosou durante a defensa da iniciativa a súa preocupación pola situación que vive a entidade financeira , “unha situación que vén de vello, pero que agora se volve límite, á vista do balance da entidade, cuns beneficios netos declarados no primeiro semestre de 26,3 millóns de euros, o que significa unha caída do mesmo respecto do ano anterior do 76,3%, a pesar de contabilizarse as plusvalías obtidas pola venta das participacións en GALP e Pescanova, cunha taxa de morosidade do 6,73%, un desconto do valor contable da entidade entre o 75% e o 85%, cunha valoración do patrimonio das antigas caixas que representa preto do 10% do banco resultante e sen outras participacións de capital, á marxe do FROB, que non sexan a de fondos de inversión foraneos””.
O Portavoz do Grupo Provincial do BNG indicou que “non é central só o garantir a posibilidade de dispor dun sistema financeiro propio, posto que carecer dun mecanismo deste tipo situaría aos nosos sectores produtivos nunha situación de inferioridade fronte a outros territorios que van a seguir contando con entidades crediticias de seu. Tamén é unha necesidade de primeira orde, particularmente nun momento de grave crise económica, no que a liquidez é a enfermidade que se leva por diante a centos de negocios e familias, contar con entidades de carácter público que permitan que o crédito chegue porque se este segue sen chegar o único que se consigue é o deterioro da actividade económica. Se a entidade non garante unha maioría publica no seu accionariado, non hai unha garantía mínima de que esta pase do vindeiro ano”.
Outeiro afirmou que “a entrada do FROB no capital da entidade resultante cunha participación de 2465 millóns de euros, no caso de que non se aproveite para a súa reversión como institución pública, pode rematar en traxedia, ben pola vía de que os inversores privadas non cubran a contía que se aporta por medio do Estado, o que levaría a que o regulador estatal procedese a venda entidade, ou tamén se os fondos de inversión privados ocupasen unha opinión maioritaria o que podería provocar o seu despedazamento e a venda separada dos activos da mesma que fundamentalmente e a súa cota de mercado”.
“Estamos nunha vía de non retorno para o futuro do noso Pais, na que nos xogamos seguir a ter institucións de crédito propias” afirmou Outeiro quen demandou da corporación provincial que se dirixa á Xunta de Galiza coa finalidade de que esta “actúe única e exclusivamente para utilizar ao máximo o que fixa o marco legal no tocante ás competencias de Galiza na materia, pero particularmente que a Xunta tome unha participación accionarial significativa que lle permita co 10% que controla na entidade a antiga caixa garantir un núcleo de capital de carácter público que permita que o lucro non sexa a única razón de ser da nova entidade. É vital dispor de capital para que determinados proxectos capitais para Galiza vaian para adiante, é vital garantir a liquidez para que a actividade económica non paralice de todo nun momento que a mesma xa se atopa sobre mínimos”.
A Xunta de Galiza elimina ao mirador de Mondoñedo o carácter de estabelecemento turístico
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, a contestación dunha pregunta do grupo do PP na que se interesaban polas medidas a adoptar polo organismo provincial en relación co mirador de Mondoñedo, deu a coñecer unha resolución remitida pola Xunta de Galiza á Deputación onde esta “procede a dar de baixa do rexistro de estabelecementos turísticos de Galiza a este estabelecemento”.
Veiga lamentou esta decisión da Xunta de Galiza, ao mesmo tempo que lembrou “a falta de interese por esta dotación por parte da corporación provincial durante o goberno de Francisco Cacharro” e indicou que a actual equipa de goberno “xa no seu momento sacou a concurso para licitación pública a xestión do mirador, coa finalidade de que algún particular o puxese en funcionamento, algo que non foi posible ao quedar deserta a oferta”. Aínda así, o nacionalista anunciou a vontade de volver a explorar o interese de que a iniciativa privada se faga cargo da súa xestión e, no caso de que esta posibilidade non se dea, comprometeu que a Deputación seguirá a manter a área do mirador como unha infraestrutura turística para Mondoñedo.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



