Nota de prensa:
MÁIS DE 200 LUCENSES CHAMARON AO TELÉFONO DE INFORMACIÓN Á MULLER NO PRIMEIRO SEMESTRE
No conxunto de Galicia, utilizaron este servizo 2.086 persoas, das que máis da metade teñen entre 45 e 65 anos.
As consultas máis frecuentes están relacionadas coa atención psicolóxica, recursos existentes e orientación xurídica.
Santiago, 4 de setembro de 2011.- Un total de 201 persoas residentes na provincia de Lugo chamaron no primeiro semestre deste ano ao Teléfono de Información á Muller, que ten operativo a Secretaría Xeral da Igualdade para facilitar asesoría sobre cuestións xurídicas, psicolóxicas, laborais e de calquera outro tipo que contribúan á igualdade das mulleres. A distribución provincial das chamadas complétase con 1.022 consultas procedentes da Coruña, 755 de Pontevedra, 102 de Ourense e outras 6 chamadas de fóra de Galicia, sumando así unha demanda de información por parte de 2.086 persoas. Do conxunto de chamadas recibidas, 226 estaban relacionadas coa violencia de xénero.
As mulleres son as principais usuarias deste servizo, realizando 1.942 do total de consultas rexistradas en Galicia nos seis primeiros meses de 2011. Na maioría das ocasións, foron as propias persoas interesadas as que efectuaron a chamada, en 1.851 casos, mentres que 138 foron realizadas por familiares ou amizades e o resto de consultas procederon de profesionais, entidades e outros.
Por tramos de idade, o de maior demanda está na poboación de 45 a 65 anos, que concentra máis do 54% das chamadas. O tipo de información máis solicitada está relacionado coa atención psicolóxica, cun total de 959 chamadas, en moitos dos casos a propia muller é consciente da necesidade de atención especializada, pero no 6% das ocasións foron os profesionais do servizo os que identificaron a situación emocional da usuaria como tributaria de atención psicolóxica. A información sobre os recursos existentes constitúe a segunda gran área de consultas, con 389 chamadas, interesadas, por esta orde, nos servizos sociais e de saúde e nas asociacións que traballan neste ámbito. A área xurídica é a terceira en número de consultas, con 270, relacionadas co dereito de familia, o dereito penal e laboral, así como co acceso á xustiza gratuíta.
O equipo multidisciplinar de profesionais que atende este servizo resolveu directamente o 93% das consultas realizadas, derivando as restantes cara outros servizos, encabezados polos CIMs.
Atención telefónica en 51 idiomas
Para facilitar a asistencia tamén á poboación emigrante, o Teléfono de Información á Muller presta o seu servizo en 51 idiomas en 8 dos cales –galego, castelán, inglés, francés, alemán, árabe, romanés e chinés- está operativo as 24 horas de todos os días do ano, e nos 43 idiomas restantes de luns a venres, de 08.00 a 18.00 h.
As persoas interesadas poden acceder gratuitamente ao Teléfono de Información á Muller no número 900400273 ou a través do 012 da Xunta de Galicia, no que está integrado.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



