Nota de prensa:
O NÚCLEO DE CERVO CONTARÁ NUN PRAZO DE NOVE MESES COA PRIMEIRA DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS DA SÚA HISTORIA
Técnicos de Augas de Galicia e da empresa adxudicataria visitaron xunto con responsables locais as obras da nova EDAR
O sistema no tratamento das augas residuais que dará servizo á capitalidade do municipio farase de xeito ecolóxico mediante plantas macrofitas
Este método depurativo ten aparellado, ademais, un aforro nos custes de explotación e mantemento de case un 50% respecto ao tratamento bioquímico empregado habitualmente nestas instalacións
A Xunta financiará o 100% das obras cuxo custe ascende a 1,7 millóns de euros
Cervo, 23 de setembro de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou no día de hoxe xunto coas concelleiras Begoña Alonso (Medio Ambiente e Turismo) e Pilar Álvarez (Xuventude e Igualdade) e os técnicos de Augas de Galicia e da empresa UTE Viviendas y Obras Civiles-Passavant as obras de construción da estación depuradora que dará servizo ao núcleo de Cervo.
O rexedor sinalou que os traballos desta nova infraestrutura básica marchan a bo ritmo e previsiblemente poderán estar rematados a mediados do vindeiro ano 2012. Villares recalcou que esta obra posibilitará que o núcleo de Cervo dispoña “por vez primeira na súa historia” dunha planta de tratamento de augas residuais. “O que había ata o momento era unha planta de decantación, que non era capaz de garantir o tratamento das augas residuais, pero agora, con esta nova EDAR, eses problemas de contaminación nas augas do río Xunco quedarán solventados definitivamente” recalcou o mandatario cervense.
Villares dixo que o saneamento de Cervo era unha infraestrutura reiteradamente demandada polo Goberno local e polos veciños deste núcleo de poboación nos últimos anos “e que finalmente se puido materializar no 2010 grazas á boa disposición do goberno de Alberto Núñez Feijoó”. Ademais salientou a importancia que ten para todos os veciños da conca do Xunco dispor desta nova rede de saneamento de augas residuais, “non só desde un punto de vista medioambiental senón tamén como infraestrutura para o desenvolvemento, o progreso e o crecemento destas localidades, algo polo que sempre apostou este Goberno municipal”.
O rexedor asegurou que coa nova rede de sumidoiros e coa nova depuradora garantirase a prestación dun servizo de calidade para os núcleos que bordean o Xunco, ao tempo que suporá un aforro para o concello “e permitiranos ter unha visión integral dunha zona de especial interese paisaxístico e natural coma é a canle deste río e da súa contorna”.
Proxecto novedoso
Para a construción desta nova infraestrutura a Xunta de Galicia destinou 1.752.744,10. O departamento que dirixe Agustín Hernández financia o 100% do custo das obras e ao seu remate está previsto que poda dar servizo a máis de 1.500 habitantes. O inicio das obras sufriron un atraso debido ao cambio de ubicación da EDAR respecto ao proxecto inicial, co obxecto de mellorar a súa eficacia medio ambiental e reducir o seu impacto visual. Este cambio no proxecto posibilitará que Cervo sexa a primeira administración pública de Lugo que conte cunha depuradora municipal baseada nas propiedades das plantas acuáticas para o tratamento das augas residuais.
Este sistema depurativo é sinxelo, limpo e evita os lodos. Non require apenas de enerxía, cumprindo así o protocolo de Kyoto. O tratamento consistirá nunha primeira fase de separación de graxas, areas e sólidos das augas residuais. Unha vez “peneiradas”, as augas pasarán a unha balsa duns 9.000 metros cúbicos na que haberá plantas macrofitas, que son unhas das moitas especies de xuncos que medran de forma natural nos estanques. De feito, o proceso que van a desenvolver estas plantas é o que antigamente realizaba a propia natureza nas xunqueiras.
Debido ao seu carácter de reprodución rizomática, a macrofita irá medrando e formando nas súas raíces un auténtico entramado semellante ao dunha alfombra. Deste xeito, cando a auga de fecais entre na balsa, os residuos iranse quedando no fondo, a planta oxidará a materia e os rizomas alimentaranse das propias bacterias. Na parte superior, o manto estable que se forma coas follas, evita que se creen malos olores e a porosidade da planta fai que o osíxeno atmosférico se filtre desde o aire hasta a auga a través das raíces
Este proxecto caracterizase polo seu baixo custe en mantemento -preto dun 50% respecto aos sistemas actuais-, e unha maior rendibilidade fronte ás opcións alternativas; ao tempo que se consegue que as plantas eliminen o fósforo, o nitróxeno, as bacterias e a materia orgánica, constituíndo así un xeito de depuración máis completo que ningún outro dos utilizados na actualidade e ademais é cen por cen ecolóxico.
RESPOSTA AOS SOCIALISTAS SOBRE A CALIDADE DAS AUGAS DE RUETA
Por outra banda, a delegada de Medio Ambiente, Begoña Alonso, aproveitou para responder ás declaracións da voceira socialista, Lara Méndez, acusando ao Goberno local de neglixencia por non informar do estado das augas de baño no areal de Rueta durante o verán.
Para Alonso Quintanilla o único comportamento neglixente é precisamente o de Méndez, por difundir conscientemente informacións falsas sobre este asunto “algo que desgraciadamente revierte negativamente en la imagen de nuestro municipio” asegurou. “La única negligente es ella (en referencia á voceira socialista), porque lo que ha dicho es falso. No es verdad que en Rueta halla estado prohibído el baño durante todo el verano. Sólo tuvimos una analítica desfaborable el 6 de junio, y en su contraanálisis (realizado una semana después) los niveles ya estaban correctos. El resto de analíticas hechas a lo largo de todo el verano en esta playa fueron favorables. Estos resultados son públicos y están a disposición de toda la gente en la página web del Sergas para su consulta; pero por lo que parece, la señora Méndez obvia deliberadamente este detalle y prefiere afirmar rotundamente que durante todo el verano las aguas de Rueta no han sido aptas para el baño” dixo a concelleira de medio Ambiente e Turismo de Cervo.





















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



