Nota de prensa
ALFONSO FUENTE DI SER RESPECTUOSO COAS SENTENCIAS E COS QUE QUEIRAN PRESENTAR DENUNCIAS. O REXEDOR AMÓSASE SORPRENDIDO DE QUE SEXAN ALGUNHAS ASOCIACIÓNS AS QUE FAGAN ESTE TIPO DE ANUNCIO, EN LUGAR DOS PARTIDOS POLÍTICOS QUE HAI DETRÁS, AOS QUE LLES PIDE QUE DEAN A CARA.
Barreiros, 12 de setembro de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, di ser respectuoso coas sentencias e cos que queiran presentar algunha denuncia. Así se refire á asociación ADEGA, que nas últimas horas anunciaba que levará diante da fiscalía anticorrupción o caso do urbanismo en Barreiros.
O rexedor lembrou que “houbo unha actuación por parte da fiscalía motivada desde a Axencia da Legalidade Urbanística, que estaba dirixida polo anterior goberno bipartito na Xunta. Inicióuse entón un proceso en contra dos membros da xunta de goberno e do alcalde, a acusación baseábase en ter concedido licencias en solo rústico en fincas que carecían de servizos. A día de hoxe seguen a saír sentencias nas que se di que non estaban concedidas en solo rústico senón en solo urbano e agora está enriba da mesa calificar si había servizos ou non. Nós temos xa unha sentencia que di que todos os servizos estaban garantizados, pero evidentemente son respectuoso coa xustiza, sexa cal sexa o resultado”.
Fuente Parga sinalou que “agora Adega quere presentar unha denuncia diante da fiscalía… o sistema xudicial está aí para calquera persoa que se sinta perxudicada ou que considere que as cousas non se están a facer ben. A min o que me sorprende é que se utilicen algunhas asociacións deste tipo tras as que están algúns partidos políticos e que non sexan os propios partidos os que dean a cara e presenten as denuncias. Sorpréndeme que se utilicen estas asociacións para desprestixiar políticamente a un alcalde e que non se faga de cara. Si un político dun partido cre que un alcalde o está a facer mal, si considera que hai delicto debe, por obrigación, presentar él mesmo a denuncia. Ás veces esto non se fai por temor a que non lles saia ben e por eso utilizan a estas asociacións”.
O alcalde barreirense engadiu que “igual que son respectuoso coas sentencias tamén o son con quen queira presentar algunha denuncia. Tamén me sorprende que estas asociacións ou outras nunca viñeran aquí a falar conmigo ao Concello e que puxeran as súas propostas enriba da mesa. Sempre as soen poñer nos medios de comunicación, pero nunca veñen aquí a reunirse co alcalde, que é o representante do pobo, igual poderíamos rematar pensando que o alcalde estaba equivocado, que eles estaban equivocados ou ter chegado a un consenso, pero como esa interlocución nunca a quixeron… eu recibo a todo o mundo e sigo aberto a recibir a todo o mundo, pero causa máis sensación ou produce máis forza contra un alcalde anunciar esto deste xeito”.
O que sí deben saber os veciños é que partido está detrás destas asociacións e que saiban que cada vez que hai unha denuncia hacia o alcalde, éste na defensa das súas funcións ten que representarse. É curioso porque despois estes señores critican nos plenos o que se gasta nos procesos xudiciais e evidentemente o alcalde na defensa dos intereses de todos os veciños e na defensa súa ten que buscar defensa e representación, despois que non se lamenten os que movendo a estas asociacións se queixan de que se gastan cartos en procesos xudiciais”.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



