Nota de prensa
GONZÁLEZ BARCIA SUPERVISOU XUNTO A RESPONSABLES DE COSTAS AS NECESIDADES EN MATERIA DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO QUE PRESENTAN OS AREAIS DE BURELA. O REXEDOR QUERE RECUPERAR O PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN DE VESTIARIOS E SERVIZOS HIXIÉNICOS NA PRAIA DE PORTELO.
Burela, 29 de setembro de 2011. O alcalde de Burela, José María González Barcia, e responsables de Costas supervisaron as necesidades que presentan os areais do Concello en materia de conservación e mantemento. O rexedor aproveitou a ocasión para lembrar algúns dos proxectos pendentes de execución.
González Barcia explicou que “estamos co xefe de servizo e estamos a analizar as actuacións de conservación e mantemento que se poden levar adiante en Burela. Sabemos que a situación de crise que estamos a vivir impide a realización de moitas infraestructuras, pero a actuación que sempre tivo Costas en Burela pódese calificar de exemplar”.
O alcalde de Burela plantéxalle a Costas “a recuperación dun proxecto, que xa fora iniciado na nosa etapa anterior como equipo de goberno, referido á construcción dusn vestiarios e duns servizos hixiénicos na praia de Portelo. Nós agardamos que ese proxecto, que está aprobado xa, a ver si se pode facer realidade xa dentro de dous anos e nese sentido é no que imos traballar. Hai un proxecto similar feito xa un pouco máis recente en Ril, polo que tamén imos pelexar, sendo conscientes de que hai moi pouca marxe de maniobra”.
Desde o Concello “tamén estamos a estudiar algún tipo de actuación a maiores como pode ser, por exemplo, a concentración de contedores tanto na praia da Marosa coma na urbana, para rodealos dalgún elemento protector e acorde co entorno no que están colocados e así mellorar a imaxe deses areais e para que se vexa algo máis respectuoso co medio ambiente”, seguiu a contar o rexedor.
José María González Barcia dixo que “a visita enmárcase dentro das habituais que Costas fai para analizar xunto cos alcaldes as necesidades de conservación e mantemento e aproveitamos para seguir pedindo aquelo que consideramos que debemos pedir, e para ir olvidándonos dalgún proxecto faraónico, como esa praia que se quería facer na zona de O Perdouro. Nós entendíamos que xa era inviable daquela porque non ía moi de acordo co entorno, e hoxe aínda o é máis pola falla de calquera capacidade económica para facer fronte a unha obra que ía supoñer un desembolso moi importante e nos tempos que corren eses cartos é preferible que vaian parar a outro lado. Aínda que insisto nós xa non estábamos moi de acordo con esa praia e preferimos que a ribeira estea como está”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



