Nota de prensa:
GONZÁLEZ BARCIA MANTERÁ ENCONTROS O VENRES E O MARTES PARA SEGUIR AVANZANDO NO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL. AS XUNTANZAS SERÁN NA SECRETARÍA XERAL DE URBANISMO E NA DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO ESTADO EN GALICIA.
Burela, 21 de setembro de 2011. O alcalde de Burela, José María González Barcia, viaxará o venres, 23 de setembro, a Santiago para manter un encontro na Secretaría Xeral de Urbanismo. O asunto a abordar será o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Acompañarán ao rexedor, o tenente de alcalde, Manuel Fernández Valle, o técnico municipal e o equipo redactor de dito plan.
O PXOM centrará a xuntanza que se celebrará o vindeiro martes, 27 de setembro, na Coruña na Demarcación de Estradas. Neste caso analizaráse tamén o trazado do futuro corredor Barreiros-San Ciprián.
Por outra banda, o alcalde burelés, José María González Barcia, mantén un encontro esta mañá no Concello cos responsables da asociación veciñal O Vencello, “trátase dunha xuntanza que celebramos máis ou menos unha vez ao mes e no que falamos do día a día de Burela, facemos un repaso das actuacións feitas e das que poden estar pendentes de realizar e que teñen que ver coas beirarrúas, os baches, o alcantarillado, etc, etc”.