NOTA DE PRENSA
O EQUIPO DE GOBERNO BURELÉS AFIRMA QUE SE GASTARON 212 MILLÓNS DAS ANTIGAS PESETAS EN OBRAS DE ALUMEADOS QUE NON PRODUCEN AFORRO ENERXÉTICO. GONZALÉZ BARCIA AFIRMOU QUE OS INVESTIMENTOS REALIZADOS NOS ÚLTIMOS ANOS PROVEÑEN DO PLAN E DE DO PLAN DE OBRAS DA DEPUTACIÓN.
Burela, 30 de setembro de 2011. O equipo de goberno do Partido Popular afirmou hoxe que nos últimos anos se gastaron un total de douscentos doce millóns das antigas pesetas en obras de alumeado que ocasionaron escaso ou nulo aforro enerxético. Estes datos foron aportados polo alcalde de Burela, José María González Barcia, que compareceu en rolda de prensa xunto cos concelleiros Mónica Pedre, Manuel Fernández e José Casas.
Barcia manifestou que “a cifra exacta deses investimentos ascende a 1.275.926’85 euros, dos que 743.526’85 foron con cargo ao Plan E do goberno de Rodríguez Zapatero, e os 432.400 restantes investíronse con cargo ao Plano de Obras da Deputación”. González Barcia indicou que “nos dous casos as obras foron propostas polo bipartito burelés, ainda que no caso da Deputación foi a propia institución provincial a administración adxudicataria”.
O alcalde de Burela manifestou que “as obras do Plan da Deputación fixéronse para non perder o investimento, dado que foron adxudicadas antes das eleccións municipais. Evidentemente o organismo provincial non ten ningunha responsabilidade ao respecto”.
González Barcia manifestou que “dentro dese investimento hai algunha cousa ben feita, como o soterramento de acometidas de subministro, pero só en catro zonas se colocaron lámparas de baixo consumo: en parte da praza do Concello, na praza de A Mariña e Manuel Murguía e nos parques de Rosalía de Castro e Tíjola. En cambio, en Arcadio Pardiñas ou na rúa Rosalía de Castro, non se levou a cabo ningunha colocación de lámparas de baixo consumo; é máis, na beirarrúa par da avenida duplicáronse os puntos de luz, porque nos báculos que se retiraron só había unha lámpara e agora hai dúas, o que trouxo consigo que se apagaran as que inciden nas beirarrúas”. “A proba de que non hai ningún aforro enerxético é que na rúa Rosalía de Castro houbo que incrementar a potencia eléctrica existente”, contou González Barcia, que remarcou que “todas estas actuacións se efectúan en momentos de crise económica”.
Curso de jazz
O alcalde burelés fixo públicos estes datos durante o pleno ordinario celebrado onte, no que tamén se falou do curso de jazz. A este respecto, e na mesma rolda de prensa, o rexedor lembrou os datos manexados no pleno e indicou que “o Concello decidiu non apoiar ao cento por cento o curso de jazz do presente ano, organizado por unha asociación local, por entender que na situación actual é preferible destinar eses cartos a aumentar a oferta educativa que no eido musical da o Concello”.
José María González Barcia explicou que “así, o curso de música interdisciplinar custou 2.700’45 euros na súa totalidade e foi organizado a través da Escola de Música. Pola contra, o presuposto do curso de jazz do ano 2010, patrocinado ao cento por cento polo Concello e con cargo ó Plan E, algo que o PP xa denunciara no seu momento por inapropiado foi o seguinte: destináronse 7.000 euros a gastos de profesorado; 3.000 a aloxamento e comidas do profesorado; 2.500 euros a cartelería e publicidade; 3.000 euros máis a concertos educativos e 2.000 euros a transporte de músicos e material. O gasto total ascendeu a 17.500 euros”.
Barcia descoñece o presuposto do curso de jazz do presente ano, pero “debía ser algo superior ao do ano pasado, porque nos presupostos do Concello estaba previsto investir 19.000 euros nesa cita. Aínda e todo, o Concello abonará dúas facturas do curso de jazz, unha de deseño de trípticos e pancartas, por un importe de 521’70 euros, e outra de carteis e lonas para o seminario de jazz, por importe de 333’94 euros, ou sexa, un total de 855’64 euros”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



