O domingo día 11 de Setembro o grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, retoma as rutas despois do parón dos meses de Xullo e Agosto. O día 11, está dentro do Programa “O son do noso Miño” sendo a 7ª etapa do percorrido dende o nacemento do rio Miño. A ruta será na zoa dos Encoros de Belesar e Peares, con saída no pobo de Pesqueiras , pasando polos Codos de Belesar (antigua calzada Romana) e acabando no Club Náutico de Belesar. Un total de 18 quilómetros. de percorrido. A Saída de Xove as 8:00h da mañan. Cota: Socios 9.-€ Non Socios:12.-€. Información e inscrición na piscina municipal de Xove.





















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



