Nota de prensa:
A voceira de Montes do PPdeG lamentou as críticas da oposición “cando a política forestal do bipartito baseouse no abandono e desprezo ao sector e o dispositivo antes do 2006, falando de despilfarros, a pasar a darse conta, despois das 100.000 hectáreas queimadas, que había monte, incendios e incendiarios”
ALVAREZ CHAO:”OS MEDIOS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS MOSTRARON A SÚA EFICACIA E ESTE ANO ARDEU ALGO MENOS DA METADE DA MEDIA DOS ÚLTIMOS DEZ ANOS NA NOSA COMUNIDADE”
“Unha superficie total queimada por lume inferior ás 3 hectáreas, que o 70% dos lumes foran inferiores a 1 hectárea e que fora este o primeiro en 10 anos que non se rexistra ningún gran incendio forestal en Galicia son datos que nos levan a considerar satisfactoria a campaña de alto risco de incendios” indicou Emma Álvarez Chao
“Falar de recortes no PLADIGA e como falar de creación de emprego por parte do Goberno socialista, xa que o PLADIGA 2011 mantén practicamente os mesmos medios, e por suposto a mesma eficacia, permitindo aforrar 3 millónes de euros das arcas públicas” segundo a deputada popular
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2011.- A voceira de Montes do PPdeG, Emma Álvarez Chao, indicou hoxe no pleno do Parlamento, no balance presentado polo Conselleiro de Medio Rural sobre a campaña de máximo risco de incendios en Galicia que “os medios de extinción mostraron a súa eficacia e este ano ardeu algo menos da metade da media dos últimos dez anos na nosa Comunidade”. A deputada popular sinalou que como mostra desa eficacia foi “o tempo empregado en sofocar os lumes, reiterando as verbas do Conselleiro que en 4.364 lumes víronse afectadas 12.805 hectáreas, esto é mostra de efectividade e o demais é demagoxia e intento de politizar os incendios forestais con actitudes alarmistas como fai a oposición”.
“Unha superficie total queimada por lume inferior ás 3 hectáreas, que o 70% dos lumes foran inferiores a 1 hectárea e que fora este o primeiro en 10 anos que non se rexistra ningún gran incendio forestal en Galicia son datos que nos levan a considerar satisfactoria a campaña de alto risco de incendios” indicou a voceira popular.
Emma Alvarez lamentou na súa intervención que os representantes dos partidos da oposición “traten de utilizar os incendios para facer lume político propio de partidos derrotados e carentes de ideas e os galegos e galegas teñen memoria e saben quen estaba ao frente do goberno nos dous anos que sobresaen drásticamente nas estadísticas da nosa comunidade, nos anos 1989 e 2006”.
PÉSIMA XESTIÓN DA POLÍTICA FORESTAL NO BIPARTITO
Nese sentido indicou Alvarez Chao que “non podemos esquecer que a política forestal do bipartito na Xunta de Galicia baseouse en dúas etapas diferenciadas: por unha banda a etapa anterior ao verán do 2006 marcada polo abandono, o desprezo hacia o sector e o dispositivo, falando de despilfarros, acusando ao goberno do PP de criminalizar a poboación, etc a pasar a darse conta, despois das 100.000 hectáreas queimadas, que había monte, incendios e que existían os incendiarios, tratando de xustificarse de formas inverosímiles ante a sociedade dos erros que cometeron e que propiciaron a maior catástofe que vivíu o monte galego”.
Álvarez Chao respostou tamén as críticas da oposición indicando que “falar de recortes no PLADIGA e como falar de creación de emprego por parte do Goberno socialista, xa que o PLADIGA 2011 mantén practicamente os mesmos medios, e por suposto a mesma eficacia,permitindo aforrar 3 millónes de euros das arcas públicas” .





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



