O presidente da Deputación presupostou a pregunta formulada polo PP na que se interesaba polo futuro dos traballadores adscritos ó Lugo Emprega
Nota de prensa
Besteiro admite que o Lugo Emprega foi concivido como reclamo electoral
Lugo, a 27 de setembro de 2011.- A explicación dada hoxe no pleno polo presidente da Deputación ante a pregunta formulada polo Grupo provincial do Partido Popular na que se interesaba polo futuro dos traballadores adscritos ó Lugo Emprega non deixa marxe de dúbida sobre o feito de que o plan púxose en marcha única e exclusivamente por interese partidista.
Para os populares que José Ramón Gómez Besteiro admitira sen ningún rubor que a Deputación non contempla a posibilidade de darlle continuidade a esta iniciativa e que se restrinxirá ós seis meses de vixencia establecidos refrenda as críticas que fuxeron no seu momento. O Lugo Emprega era só un parche que tiña como obxectivo servir de reclamo con vistas á celebración das eleccións municipais e, de paso, colocar ós amigos.
En ningún momento houbo intención, aseguran dende o GPPP, de establecer actuacións de promoción e creación de emprego estable e de calidade. Adicáronse, pola contra, fondos públicos con fins partidistas e, a maiores, fíxose vulnerando a autonomía dos concellos.
Resulta máis chocante aínda, por non dicir ofensivo, que Gómez Besteiro faga agora alusións a que os concellos poden contratar directamente a traballadores. O cambio de criterio é, ó entender dos populares, bochornoso, posto que apela á autonomía municipal que negou durante a posta en marcha do Lugo Emprega e faino, ademais, cando sabe que a situación financieira dos municipios, sobre todo os de menor tamaño, é, cando menos, extremadamente delicada. Ironizan os populares con que quizáis fixo esta recomendación sabedor de que boa parte das persoas adscritas a este plan de emprego son dende o pasado 22-M concelleiros do Partido Socialista e non precisan, por tanto, un plan de emprego destas características.
En opinión dos populares está claro que os socialistas, en connivencia necesaria cos nacionalistas, empregan a Deputación co único obxectivo de acadar rédito electoral, sen importarlle o máis mínimo os intereses e o futuro dos lucenses nin a provincia no seu conxunto.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



