Nota de prensa
NO OUTONO VOLTAN OS DOMINGOS A PÉ. O VINDEIRO 23 DE OUTUBRO TERÁ LUGAR A PRIMEIRA RUTA DE SENDEIRISMO PARA MULLERES ORGANIZADA POLA ÁREA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE RIBADEO.
Ribadeo, 11 de outubro de 2011. A Concellaría de Igualdade e máis o Centro de Información ás Mulleres organizan unha nova edición dos Domingos a Pé. A primeira ruta terá lugar o vindeiro 23 de outubro.
Segundo lembra a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, “os Domingos a pé é unha actividade anual que se ven realizando todas as primaveras, pero diante das demandas das mulleres voltamos a ofertala para este outono. Dúas rutas de senderismo hai previstas, unha ao concello asturiano de Castropol o vindeiro 23 de outubro, e outra a San Cibrao (Cervo), o día 6 de novembro”.
Os Domingos a pé son unas rutas dirixidas ás mulleres adultas, co fin de promover un tempo para elas mesmas, un tempo de ocio, un tempo ailladas das obrigas familiares, laborais… un tempo para rachar con esa dobre ou triple xornada laboral. Ademais, de poder desfrutar dese tempo para elas, poderán coñecer lugares do seu entorno inmediato, e facer un pouco de exercizo físico.
A edil nacionalista engadiu que “como ven sendo habitual, contaremos coa colaboración de Teresa Díaz, para guiarnos nas rutas. Teresa é membra da Directiva da Asociación Pena Tallada, e ten investigado todas as rutas da nosa contorna, que podedes atopar no seu blogue: http://teresaderibadeo.blogaliza.org”.
Lastra explicou que “desta volta o percorrido elixido para a ruta vai cara o Occidente asturiano, hacia Castropol. Achegarémonos en tren ata alí, para logo realizar unha ruta nese concello, e voltaremos en barca. Esta ruta, será o día 23 de outubro. Sairáse ás 11:00 da mañá desde a Estación de Feve, e regresaremos arredor das 17:30 horas”.
As mulleres interesadas en participar na ruta deben anotarse no Centro de Información ás Mulleres sito no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, chamando ao teléfono 982.120.739 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo cim@ribadeo.org.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



