Notas de prensa
O INICIO DAS EMISIÓNS DOS NOVOS MÚLTIPLEX DE TDT DE RIBADEO PERMITIRÁ ACHEGAR A OFERTA COMPLETA DE TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE A PRETO DE 450 VECIÑOS DESTE CONCELLO LUGUÉS
Marca TV, Teledeporte ou Boing son algunhas das canles que se incorporan nesta nova oferta
Unha vez comprobada a calidade da cobertura, os beneficiarios poderán atopar as canles a través dunha simple busca no receptor de TDT
Esta actuación forma parte do Plan da Xunta de Galicia da homoxeneización de coberturas, que, nestas semanas, está a acender 65 centros emisores cos novos múltiplex
Santiago, 18 de outubro de 2011.- A posta en funcionamento dos novos múltiplex de TDT no centro reemisor de televisión de Ribadeo, prevista para o próximo mércores día 19, permitirá achegar a oferta completa da Televisión Dixital Terrestre a preto de 450 persoas do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo.
Deste xeito, os beneficiados poderán disfrutar das novas canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma:
Canle 47: TVEHD, TDP (Teledeporte)
Canle 44: Cuatro, Canal+Dos, LaSexta2, LaSexta3, LaSextaHD
Canle 32: Boing, TelecincoHD, MTV, La 10
Canle 58: Nitro, Antena3HD, MarcaTV, 13TV
O inicio das emisións destes novos múltiplex forma parte do Plan de homoxeneización de coberturas da Xunta de Galicia que, durante os meses de setembro e outubro, acenderá 65 centros emisores cos novos múltiplex. Este plano está cofinanciado entre a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos ditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154- ou na web da Oficina Técnica da TDT –www.tdtgalicia.es-.
A continuación, bastará con realizar unha busca de canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Así mesmo, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario, ademais, dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HDTV.
Este proxecto está cofinanciado entre a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
O INICIO DAS EMISIÓNS DOS NOVOS MÚLTIPLEX DE TDT DE TRABADA PERMITIRÁ ACHEGAR A OFERTA COMPLETA DE TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE A PRETO DE 1.000 PERSOAS DOS CONCELLOS LUGUESES DE LOURENZÁ E TRABADA
Marca TV ou Boing son algunhas das canles que se incorporan nesta nova oferta
Unha vez comprobada a calidade da cobertura, os beneficiarios poderán atopar as canles a través dunha simple busca no receptor de TDT
Esta actuación forma parte do Plan da Xunta de Galicia da homoxeneización de coberturas, que, nestas semanas, está a acender 65 centros emisores cos novos múltiplex
Santiago, 19 de outubro de 2011.- A posta en funcionamento dos novos múltiplex de TDT no centro reemisor de televisión de Trabada, prevista para mañá, xoves día 20, permitirá achegar a oferta completa da Televisión Dixital Terrestre a preto de 1.000 persoas dos concellos de Lourenzá e Trabada, na provincia de Lugo, así como a outras en concellos limítrofes.
Deste xeito, os beneficiados poderán disfrutar das novas canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma:
Canle 44: Cuatro, Canal+Dos, LaSexta2, LaSexta3, LaSextaHD
Canle 32: Boing, TelecincoHD, MTV, La 10
Canle 58: Nitro, Antena3HD, MarcaTV, 13TV
O inicio das emisións destes novos múltiplex forma parte do Plan da homoxeneización de coberturas da Xunta de Galicia que, durante os meses de setembro e outubro, acenderá 65 centros emisores cos novos múltiplex. Este plan está cofinanciado entre a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos ditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154- ou na web da Oficina Técnica da TDT –www.tdtgalicia.es-.
A continuación, bastará con realizar unha busca de canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Así mesmo, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario, ademais, dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HDTV.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



